top of page

Boas marcas d@s nos@s atletas nos trofeos disputados esta semana

Marcas persoais para Lucía Freire en martelo, Asier Cabo en 100 metros lisos, Diego Liñares en xavelina e 300 metros lisos, nunhas xornadas nas @s nos@s atletas obteron numerosas mínimas para os próximos campionatos galegos.

O mércores Lucía Freire disputaban Pontevedra a segunda xornada do XLVI Trofeo Boa Vila – XXXII Trofeo Froiz 2ª gañando a proba de lanzamento de martelo cun lanzamento de 23 metros e 34 centímetros, que constitúe tamén a suan mellor marca persoal. Ademais tamén competíu na proba de lanzamento de peso obtendo o 12º posto cun lanzamento de 7 metros.


O venres 17, 5 atletas do club desprazabanse a Lugo para tomar parte na 4ª xornada da IX Copa Deputación de Lugo. Nel Andrea Torres remataba 5ª cunha marca de 14"77 centésimas na súa semifinal de 100 metros lisos e en lanzamento de xavelina, con 17 metros 89 centímetros tamén era 5ª da xeral. Carla Pérez pasaba a final de 100 metros lisos onde remataba octava cunha marca de 13"81 centésimas, mentres que nos 300 metros lisos era 3ª absoluta e 2ª cadete cunha marca de 44"25 centésimas. Sétima na final de 100 metros era Manuela Raviña cunha marca de 13" 57 centésimas, que ademais lograba o 2º posto en salto de lonxitude e o primeiro na categoría cadete cun salto de 4 metros 65 centímetros. Asier Cabo era 3º da súa semifinal de 100 metros lisos, onde cun tempo de 12"81 centésimas obtiña a súa mellor marca persoal e gañaba o triple salto cadete cunha marca de 11 metros 59 centímetros. Diego Liñares participaba nos 100 metros lisos sendo 5º na súa serie cun tempo de 13" 33 centésimas, en xavelina obtiña mellor marca pesoal con 18 metros 90 centímetros obtendo o cuarto posto e tamén tomaría parte na proba de 300 metros lisos da que non temos resultados oficiais por un erro na páxina da federación.


E onte sábado, 3 deportistas volvían repetir desprazándose a Vigo para a disputa da 2ª xornada do IV Circuito concello de Vigo de atletismo en pista. Andrea Torres era sétima da súa serie de 100 metros lisos cun tempo de 14" 88 centésimas e 5ª en lanzamento de xavelina con 14 metros 88 centímetros. Diego Liñares, obtiña dúas marcas persoais, unha nos 300 metros lisos cun tempo de 44"38 centésimas que lle valían para ser 6º na súa serie e outra no lanzamento de xavelina por segundo día consecutivo, onde era 5º cun lanzamento de 22 metros 14 centímetros, tamén participaba nos 100 metros lisos onde era sexto da súa serie cun tempo de 13" 12 centésimas. Asier Cabo corría tamén os 100 metros lisos, sendo terceiro da súa serie con 13" 17 centésimas e en salto de lonxitude era campión cadete e 8º absoluto.


A seguinte parada e o vindeiro sábado en Vigo, onde se disputará o campionato galego cadete e xuvenil de atletismo e onde contaremos cunha nutrida expedición do noso club.

Parabéns e forza nesta semana que queda para preparar o campionato.

non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page