top of page

5 representantes no campionato galego de atletismo sub 14

Coa disputa da proba disputada en Lugo poñen colofón a unha tempada na que lograron seguir mellorando os seus rexistros e progresando como atletas



Este sábado 5 atletas do noso club desprazábanse a Lugo para disputar o campionato galego da categoría sub 14, poñendo un moi bo colofón ao curso 2018-2019.


En categoría feminina Nerea Martinez participaba en dúas probas individuais, sendo 9ª nos 80 metros lisos cun tempo de 11"17 e 11ª nos 500 metros lisos, cunha marca de 1'35" e María Pereira, cunha marca de 3'44" era 15ª nos 1000 metros lisos. As dúas, xunto con Sandra Rilo e Ainhoa Aldrey formarían o relevo que conseguiría volver a mellorar a súa marca, parando o crono en 48"29 para rematar no posto 14º. En categoría masculina o noso único representante era Álex Cabo, que competía nos 150 metros liso e cunha marca de 22"40 ocupaba a 15ª praza no campionato.


O feito de estar no campionato, ao que soamente accedían as 16 mellores marcas por proba de Galicia, xa é en sí un éxito que pon así punto e final a tempada para as nosas escolas das categorias sub 14. Agora toca desfrutar do verán e cargar as pilas para seguir mellorando en vindeiras tempadas.


Moitos parabéns!

non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page