
Neste ano 2022, novamentente os equipos femenino e masculino do Club Olímpico de Vedra, participan na segunda división da Liga Nacional de Dúatlon. A liga nacional, dispútase co formato de clasificación resultante da suma de puntuacións obtidas por cada club en cada unha das xornadas. Este ano son sete as xornadas que cada equipo ten que afrontar, 3 delas en La Nucía, 2 en Valladolid, e as últimas 2, en Alcobendas.
Un total de 17 equipos, están presentes na segunda división tanto na liga feminina como na masculina, e como feito atípico nesta tempada, (derivado da decisión adoptada no 2020 por mor da pandemia , de que non houbese descensos), serán 6 os equipos que descendan de categoría e 4 os que ascendan.
LA NUCÍA -12 e 13 de marzo de 2022-
Desplazábanse a La Nucía (Alicante), 14 deportistas do Clube, para participar nas tres primeiras xornadas da Liga. Dous dos nosos deportistas masculinos, sufrían unha caída no segmento de bicicleta no duatlon por relevos, e unha das nosas deportistas perdía algúns segundos, ao sufrir unha saída da cadea na bicicleta. Ainda así, pese as lesións, tocaba tentar estar o millor posible para a xornada do Domingo, no que tiña lugar o Duatlon Supersprint por clubes.

1ª xornada: Campeonato de España de Duatlón SuperSprint por Clubes , o equipo masculino obtiña a 12ª posición ,e o equipo femenino, a 14ª posición.
2ª xornada: Campionato de España de Duatlón por Relevos , 16ª posición para o equipo masculino, e 11ª posición para o equipo femenino.
3ª xornada: Campionato de España de Duatlón SuperSprint por Clubes , 16ª posición para o equipo masculino, e 14ª posición para o equipo feminino.
VALLADOLID - 26 e 27 de marzo-

O sábado 26 de marzo, en Valladolid, tiña lugar a celebración da 4ª xornada, o Campionato de España de Duatlón por Clubes. Tanto o equipo masculino, formado por 10 deportistas, coma o equipo femenino, formado por 8 deportistas (tras algúnha baixa por lesión de última hora), remataban na 13 posición. Non hai dúbida, de que o nivel este ano na competición, e altísimo e durísimo, pero os nosos deportistas, cando fallan os resultados, son que de facer que non falle a actitude para loitar e pelexar ata o último segundo. E así, con esa actitude, encararon a 5ª xornada os nosos 4 deportistas do relevo mixto onde Gabriela, Patricie, César e Víctor, conseguían un 5º posto para o equipo femenino, e un 7º posto para o equipo masculino.
Dúas xornadas son as que faltan por disputarse, para pechar esta liga de Duatlon. Será en ALCOBENDAS os días 9 e 10 de abril, a sede do Campionato de España de Duatlón Contra o reloxo por Equipos e o Campionato de España de Duatlón por Relevos.

Quedan puntos en xogo. O camiño cara a permanencia que nos queda por percorrer, non é doado...pero cando as cousas se torcen na competición, a única opción e creer e loitar ata o último punto.
Os resultados da competición, non son resultados individuais, son os resultados de todos e cada un dos que conforman o equipo; e cada un dos puntos obtidos, e cada un dos nosos deportistas, son motivo de orgullo.
Chegar a onde chegamos, compaxinando estudos, traballo e adestramentos é admirable. Dende a mais xoven das nosas deportistas, ata a mais veterana, é palpable o compromiso firme e sólido co equipo, e cos compañeiros.
Oxalá que cada un /unha das que leades estas verbas, puidésedes presenciar en directo unha competición da Liga, porque a admiración que xa se percibe polo esforzo destes rapaces e rapazas, aínda sería maior.
Como se escoitou por Valladolid, teñamos confianza e soñemos co futuro, para non deixar escapar ningunha das oportunidades do ahora.
Imos DISFRUTAR , e imos COMPETIR…ata o último segundo.
Comments