top of page

Mellores sensacións que sorte nas competicións da pasada fin de semana

No campionato galego sub 16 e sub 18 non se lograron medallas, pero os nosos 3 atletas rendiron a gran nivel e melloraron as súas marcas; mentres que Miguel Daporta non logrou o acceso para o campionato de España de dúatlon no clasificatorio de Berlanga e terá que agardar a vía do ranking.

Continuabamos este sábado neste mes de marzo no que se empeza a retomar a "normalidade" competitiva con presenza en dúas citas onde os nosos deportistas, pese a non ocupar postos de privilexio, rendiron a gran nivel.


En Berlanga de Duero tiña lugar o clasificatorio para o campionato de España de dúatlon, que terá lugar a mediados de abril en Avilés. Ata alí desprazouse Miguel Daporta con obxectivo de acadar praza por 8º ano consecutivo entre os 100 mellores duatletas do pais, que teñen acceso a disputa do campionato de España elite de dúatlon. Cun formato contra o reloxo, que é o que se permite neste momento, o escenario favorece máis a ciclistas veuse lexos dos 30 primeiros posto que daban praza fixa para o campionato de España, nunha proba xa onde a empresa era moi complicada polo grandísimo nivel que había na liña de saída. Finalmente posto 64º, pero aínda quedan posibilidades de lograr o acceso pola vía do ranking estatal onde Miguel ocupa a 5ª posición.


En Pontevedra a piques estivo de pisar o podio Gabriela Quintás na proba dos 1500 metros lisos sub 18 do campionato galego de atletismo. Un disputadísimo 1500 no que rebaixou a súa marca en medio segundo ata os 5:01,47 a menos de un segundo do podio e excasos 3 do ouro. En calquera caso grandioso resultado nunha proba que Gabi non preparou específicamente. Excelente actuación tamén na categorías sub 16 para María Pereira, que melloraba as súas prestacións nos 600 metros lisos para rematar na 10ª posición, cunha marca de 1'53"23, mellorando en 14 segundos a súa anterior marca. E non menos mérito tivo Arón Lorenzo no seu debut nos 3000 metros lisos sub 16, onde obtiña unha marca de 11'09"78 para rematar na 14ª posición autonómica.


Seguimos progresando, paseniñamente voltando a tomar o pulso a competición e poñendo os firmes para o moito que queda por vir esta tempada. Parabéns!!

non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page