O subcampionato galego escolar é un botín insuficiente nunha xornada na que o equipo absoluto masculino rematou 5º. O equipo absoluto feminino e o open vianse afectados por caídas no sector ciclista.
Este domingo desprazábanse 20 triatletas do club a Vilagarcía para participar no campionato galego de triatlón contra o reloxo por equipos, que tiña lugar por terceiro ano consecutivo na vila arousana. Pese a non ser un campionato de moito éxito nas edicións anteriores, as nosas escadras amosabanse con grandes espectativas, en parte polo potencial dos nosos equipos e en parte porque os mellores clubes galegos non estaban presentes na proba, por atoparse en Murcia disputando a copa do rei e o campionato de España de triatlón por relevos.
Os primeiros en tomar a saída eran o equipo escolar masculino, que pese a acadar o subcampionato galego, non deixa de ser decepcionante a súa actuación, xa que eran claramente o equipo máis potente dos inscritos e so faltas de concentración e actitude, lles impedíron por 4 segundos lograr un título autonómico cantando, que tardarán tempo en ter tan asequible.
Moi meritorio foi o 5º posto acadado polo equipo masculino, únicamente integrado por catro compoñentes, con bastante disparidade de segmentos fortes entre os compoñentes do mesmo, e con semanas previas difíciles. Non obstante igualaron a mellor participación do noso club no campionato, pero mellorando en 2 minutos o noso mellor tempo e era probablemento ao máximo que se podía aspirar, polo que non se pode pedir máis.
Non tiña sorte o equipo absoluto feminino, que logo de facer un dos mellores parciais na natación, voaba cara un título autonómico no sector ciclista, poñendo fin ao soño unha caída coa conseguinte avaría, que as obrigaba a abandonar. Afortunadamente non houbo danos físicos, e como as nosas rapazas non asinaban outro resultado que fose o primeiro posto, pois pratas e bronces xa teñen, o feito de non rematar é o de menos.
Tampouco tiña sorte o equipo open, que logo de perder na auga a un dos seus compoñentes sufría unha caída de dous dos seus compoñentes no sector ciclista e acababa a proba do xeito que podía, aínda así nun meritorio 13º posto. Por fortuna ao igual que no equipo feminino non houbo que lamentar danos persoais.
Así pois, escaso botín nunha xornada propicia para aumentar o noso palmarés sendo conscientes que as tres mellores escadras autonómicas masculinas e femininas non estaban presentes na cita. Con podios absolutos en triatlón a nivel autonómico tanto masculinos como femininos, resístesenos o título nesta modalidade e foi unha gran ocasión perdida. Non obstante, pese a este revés, hai moitos motivos para a esperanza dado que temos moit@s deportistas xóvenes. O equipo masculino leva tres quintos postos nos campionatos galegos de duatlón e triatlón celebrados esta tempada e o feminino logrou un bronce, un quinto posto e onte a estrada non nos permitíu ver do que serían capaces as nosas rapazas (o parcial na auga fora 1 minuto e 20 segundos mellor que as campioas). De todos xeitos é bo dar constancia do noso estatus, pois en Galicia hai clubes de localidades con moito máis poboadas que Vedra e con grandes infraestructuras deportivas que ben seguro firmarían a nosa tempada.
Non queda outra que seguir adestrando, pulir defectos para seguir sendo competitiv@s sen esperar que a sorte estea do noso lado. Algún día teremos ese chisco de fortuna que nos faltou en Vilagarcía. Moito ánimo.
Comments