top of page

7 medallas para o Olímpico de Vedra no campionato galego de dúatlon 2020

O equipo feminino rematou cuarto e o masculino quinto na proba disputada en Narón e na que estiveron presentes 13 deportistas do club

o pasado domingo tiña lugar en Narón o campionato galego de dúatlon 2020 ao que se desprazou unha numerosa expedición do Olímpico de Vedra para disputara a proba que poñia peche a actividade da Federación Galega de Tríatlon neste maldito ano, no que soamente se puido disputar a nivel autonómico dúatlon (a parte do calendario prepandemia e finalmente esta proba).


Malia que as/os duatletas do club non chegaban a proba en plenitude polo inusual da data, deron o mellor de si mesmas/os e obtiveron un valioso botín con un total de 7 metais nas distintas categorías e cos dous equipos moi preto dos postos de privilexio.


No campionato galego feminino, que foi o primeiro en disputarse, Patri Viadel ocupou unha fantástica 11ª da clasificación xeral, na que Mariam Ferrán remataba tamén nunha estupenda 13ª praza, obtendo na categoría sub 23 as medallas de prata e bronce respectivamente, no que era o debút autonómico das dúas. Moi meritoria tamén Elena Míguens , sendo 17ª da xeral, o que lle valía para proclamarse subcampioa galega veterana, completando con ela a clasificación por equipos, onde o Olímpico obtiña o 4º posto nun campionato galego 2020 de moitísimo nivel, dado que os equipos que ocupaban o podio contaban con duatletas de primeiro nivel estatal. A cadete Gabi Quintás, categoría que non tiña en disputa os títulos autonómicos ao considerarse categoría menor remataba nunha moi salientable 20ª posición da xeral, mentres que a junior Sabela Rey completaba a proba nunha tamén reseñable 27ª, que lle valía para obter a medalla de bronce na categoría. Notable actuación tamén para Tania Garabatos, ocupando a 29ª posición da xeral. A nota desafortunada protagonizouna Andrea Iglesias, que competíu tamén a bo nivel ata que lle rompía o cambio a obrigandoa a retirarse no sector ciclista.


Na proba masculina excelente actuación de Miguel Daporta, entrando na meta na 10ª posición da xeral e proclamándose campión galego veterán. Destacada carreira tamén para Víctor Bouzón 16º na clasificación xeral e subcampión galego junior. Completaba o tempo do club para obter o 5º posto por equipos, Juan Cepeda ocupando unha reseñable 22ª posición na xeral, seguido de Yago Carballo no posto 23º obtendo un estupendo 3º posto na categoría junior. Completaban a actuación do club Adrián Picallo e Marcos Borges, nuns salientables 41º e 48º posto respectivamente.


Ponse así punto final a este maldito ano 2020, onde pese a escasez de competición o club Olímpico de Vedra logrou cumprir os obxectivos, logrando sobrepoñerse a todos os atrancos que nos puxo esste ano. Parabéns e agradecementos a toda a familia olímpica, que o fixo posible un ano máis.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

bottom of page