top of page

3 medallas no campionato galego de atletismo sub 16 e sub 18

Actualizado: 29 may 2019

Medallas de bronce para o equipo de relevo 4x100 cadete, Asier Cabo en salto de lonxitude e Manuela Raviña en riple salto, minima para os campionatos de España de Carla Pérez en 300 metros lisos e numerosas marcas persoais.


Este sábado disputábase nas pistas de atletismo de Balaidos o campionato galego para as categorías sub 16 e sub 18 cunha moi salientable participación d@ nos@s atletas.

Na categoría cadete, enorme papel para Asier Cabo, que no ano do seu debút na categoría obtiña a medalla de bronce en salto de lonxitude cun salto de 5 metros 35 centímetros, obtendo marca persoal. Actuación que completou cun fantástico 7º posto en triple salto, cun mellor impulso de 11 m. 02 cm.


Grandísima actuación de Manuela Raviña obtiña a medalla de bronce no triple salto cun salto de 10 metros e 24 centímetros, que constitúe tamén a súa mellor marca persoal e o 5º posto na proba de 100 metros lisos cun tempo de 13"44.

Moi boa actuación tamén de Carla Pérez nos 300 metros lisos, acariñando o podio co 4º posto, o que lle valía por segundo ano consecutivo para obter marca para participar nos campionatos de España.


Excelente papel tamén do relevo 4x100 que disputaban as propias Carla e Manuela, xunto con Lucía Castro e Andrea Torres, obtendo a medalla de bronce cunha marca de 53"89.

Reseñable tamén o papel de Gabriela Quintás, que remataba na 5ª posición nos 1000 metros lisos, detendo o crono en 3'21".


En categoría xuvenil Araceli de Roo lograba o 4º posto en lanzamento de disco cun mellor lanzamento de 24 metros 49 centímetros e o 5º posto en lanzamento de peso lanzando 9 m. 97 cm, obtendo marca persoal.


o equipo xuvenil de relevo 4x100, integrado por Lucía Freire, Mariña Cortés, Iria Ferreiro e a propia Araceli de Roo remataba no sexto posto cunha marca de 58"03.


Moitos parabéns!!

non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page