
O estadio de atletismo Ana Peleteiro de Riveira, foi o escenario do primeiro clasificatorio do programa Xogade para as categorías benxamín e alevín.
En alevín Lorena Pegito participaba nos 60 e 500 metros lisos; Sofía Barreiro tamaba parte nos 60 metros lisos e en lanzamento de peso, Laura Rodríguez participaba en salto de lonxitude; Paio Rubido en 60 e 500 metros lisos, Miguel Anxo Torres en lanzamento de peso e 1000 metros lisos. Nas combinadas benxamíns as representantes do Olímpico eran Lucía Senín e Xulia Rodríguez. Todos eles realizaron unha boa xornada, con marcas persoais destacando o primeiro posto de Iago Lago en marcha, que lle dou o pase para o campionato provincial.
Moito ánimo e a seguir traballando e mellorando para as seguintes fases.