top of page

Vedra acollerá o duatlón Ocean Lava Galicia coa cifra record de 105 equipos e case 600 deportistas


A proba ademais de ser campionato galego entra a formar parte das prestixiosas Ocean Lava Planet Series, con 20 probas en Europa sendo a única que se celebra na península ibérica


Cúmprense 6 edicións dende que aló polo 2014 arrancara o duatlón de Vedra, que xa no seu orixe foi o de mais participación en Galicia. Ao ano seguinte o noso club, como organizador do mesmo, dou unha volta de tuerca máis e co beneplácito da federación galega convertíuno en campionato galego de duatlón da modalidade contra o reloxo. Dende o seu inicio non parou de medrar pasando dos 200 inscritos na edición de 2014 aos preto de 500 na de 2018, sendo de longo cada ano o duatlón de maior participación en Galicia.

Así, en 2019 o club Olimpico de Vedra, o concello de Vedra e Kenneth Gasque Sport Islands, propietario da marca Ocean Lava, chegaron a un acordo para incluír o duatlón de Vedra na Ocean Lava Planet Series, logo de dúas discretas edicións celebradas sobre a modalidade de triatlón en Galicia. A fórmula parece que funcionou, 105 equipos inscritos e máis de 600 deportistas, nunha edición na participará un equipo asturiano e que inclúe por primeira vez o paraduatlón.

O evento dará comezo as 15:30 da tarde, coa posta en marcha do reloxo para que un minuto máis tarde saia a primeira competidora, que o fará na modalidade de paraduatlón, e non será outra que a triatleta paralímpica e campiona Susana Rodriguez. Posteriormente darase paso a proba de promoción, para aqueles deportistas non federados que se decidiron a formar un equipo; despois a proba Open, na que compiten os equipos b e posteriores dos clubes federados; e finalmente O Ocean Lava masculino e feminino, que para os equipos galegos será tamén o campionato autonómico. Os equipos irán saíndo cada minuto e estarán compostos por entre 4 e 6 compoñentes (agás no paraduatlón), que deben ir agrupados, marcando o tempo do equipo o cuarto integrante en cruzar a liña de meta. A distancia a percorrer será un primeiro segmento de carreira de 5 km (2 voltas), un segundo segmento de ciclismo de 20 km tamén a 2 voltas e finalmente unha última volta de 2,5 km de carreira para cruzar a liña de meta.

En canto a nosa participación presentamos equipo masculino e feminino ao campionato galego e 3 equipos masculino e 1 feminino na proba Open, solo superados polo Nosportlimit coruñés e o Artogal tri498 de Ribeira. Ademais o equipo masculino defende o título, nunha edición na que vai ser case imposible retelo dado o potencial nesta ocasión do Arcade Inforhouse e mesmo facer podio polo empuxe doutras escadras. O equipo feminino loitará por pelexar o podio nunha dificil tarea.

Na proba estará presente o mítico Kenneth Gasque, director das Ocean Lava Planet Series e pioneiro do triatlón en España ao ser o primeiro organizador dun triatlón sobre terra española, o triatlón Volcano de Lanzarote, e fundador e durante 25 anos director de carreira do lexendario Ironman de Lanzarote.

Un equipo humano de case 100 voluntarios, coa colaboración dunha vintena de empresas e entidades, porán todo da súa parte, coa tregua climatolóxica que se prevee, para que sexa todo un éxito. Gañas non faltan.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page