top of page

6 podios no intercomarcal de cross


Por equipos o benxamín masculino campión, o cadete feminino subcampión e o cadete masculino bronce. Individualmente Gabi Quintás ouro cadete e en infantil María Pereira prata feminina e Arón Lorenzo bronce masculino. En total 2 equipos mais 4 atletas clasificados para o provincial

Mañá de puro campo a través a vivida o pasado sábado no Parque Eugenio Granell, cunha climatoloxía propia desta época do ano, que convertíu en moi técnico o xa de por si duro circuíto, no que era o campionato intercomarcal de cross en idade escolar, proba clasificatoria para o campionato provincial de campo a través do programa "Xogade".

A primeira das alegrías deronnola o equipo benxamín masculino formado por Alvaro Iglesias (rozou o podio co 4º posto), Iker Leal 12º, Miguel Castro 17º, Paulo Pomar 29º, Damian Espiño 30º e Daniel Senra 39º. Todos eles lograron o primeiro posto por equipos. Lástima que na categoría feminina o 16º posto da nosa única representante Xulia Rodríguez non fose suficiente para avanzar á seguinte fase.

Na categoría infantil soamente tiñamos dous representantes. María Pereira e Arón Lorenzo que fixeron un espectacular resultado. María foi subcampioa feminina mentres que Arón logrou a medalla de bronce, logrando así os dous o pase tamén para o campionato provincial.

Gran actuación tamén en categoría cadete, onde Gabriela Quintás se proclamaba campioa, o que xunto co 8º posto de Carla Pérez, 0 10º de Andrea Iglesias e o 18º de Manuela Raviña lle valía ao equipo para lograr o segundo posto e así clasificarse todas elas para o campionato provincial. Na categoría masculina o equipo logrou o 3º posto, o que lle valeu para subir ao podio pero non para clasificarse para a final provincial, para a que obtiveron billete David Amigo 7º e Asier Cabo 8º, quedando fora Manuel Sánchez e Diego Liñares 17º e 18º respectivamente.

En total 15 serán @s nos@s representantes no campionato provincial que terá lugar en Fene o vindeiro sábado 2 de febreiro, e onde loitarán por dar o último paso para chegar ao campionato galego. Polo de pronto, parabéns polo acadado!


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page