top of page

6 deportistas cadetes do club na segunda xornada da Copa Deputación de Ourense


Primeiro contacto coa pista da tempada 2018 - 2019 onde @s nos@s deportistas mostraron que seguen a mellorar acadando numerosas marcas persoais.


Hoxe domingo disputouse a segunda xornada da Copa Deputación de Ourense de pista cuberta, na flamante pista cuberta do recinto de Expourense, na que estivo presente unha expedición de 6 atletas de categoría sub 16 do noso club.

Os resultados foron os seguintes:

• Asier Cabo competía en triple salto, onde remataba como 2º cadete cun salto de 10,76 e nos 300 metros lisos, onde era 4º da súa serie cun tempo de 43,04, obtendo marca persoal nas dúas probas que disputaba.

• Manuela Raviña foi cuarta na súa serie de 60 metros lisos cun tempo de 8:35, logrando mellor marca persoal, e gañou a súa serie de 60 metros lisos cun tempo de 44.84.

• Carla Pérez foi 3ª na súa serie de 60 metros lisos con un tempo de 8.59 e nos 300 metros lisos rematou 4ª absoluta cun tempo de 44.67.

• Diego Liñares estivo na proba dos 300 metros lisos acadando o 5º da súa serie con 46.33, o que constitúe tamén mellor marca persoal.

• Andrea Torres foi terceira na súa serie de 60 metros lisos cun tempo de 9.39 (mellor marca persoal) e 11ª na súa serie de 1000 metros con un tempo de 4:03.

• Manuel Sánchez debutaba co club en pista disputando a proba dos 1000 metros rematando 13º na súa proba cun tempo de 3:51.

Así pois deste xeito @s nos@s deportistas despiden o ano 2018 competitívamente e prepáranse para afrontar un ilusionante 2019.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page