top of page

3 clasificados para o galego de duatlón e númerosas marcas persoais en atletismo


Bo rendemento nas tres citas nas que tiveron presenza as nosas escolas esta fin de semana, con novos clasificados para o campionato galego e numerosas marcas persoais

CLASIFICATORIO XOGADE ATLETISMO ALEVÍN E COMBINADAS BENXAMÍN

O sábado pasado disputouse en Noia primeira xornada clasificatoria de Atletismo Xogade en Pista para a categoría Alevín, e combinadas benxamín.

4 foron os nosos representantes, que viaxaron ata Noia coa idea de acadar marcas para estar presentes no campionato provincial ao que soamente acceden as 16 mellores marcas da provinciac.

Destacaron o 4º posto de Álex Cabo nos 1000 metros con 3:43 (mellor marca persoal) e o 14º posto cos 19.01m (tamén marca persoal) en pelota. Tamén salientable o 5º posto de Samuel Cortés en peso, con 6.29 metros e o 4º posto na súa serie de 80 metros con 10"9 sendo tamén as dúas marcas persoais. Na combinadas benxamíns Miguel Anxo Torres acabaron 7º e 14º respectivamente, facendo algúnha marca persoal

 

CONTROL DE MARCAS CATEGORÍA CADETE EN VIGO

O domingo 5 foron as atletas do noso club que se desprazaron ata Vigo para disputar un control de marcas dentro das series municipais de atletismo do concello de Vigo, coa idea de ir afinando e acadando marcas para os campionatos de aire libre que logo chegan. Destacaron os tempos de Carla Pérez 1:50 e Manuela Raviña 1:58 nos 600 metros, e tamén o bo rexistro de Lucía Castro nos 100 metros valados.

RESULTADOS

Lucía Castro: 100mv: posto 6 da súa serie 20.61 (MP)+ 600ml: posto 12 da súa serie con 2.09 (MP)

Mariña Cortés: 100mv posto 7 da súa serie 23.18+ 600ml: 11 da súa serie 2:08(MP)

Iria Ferreiro: 600ml: posto 10 da súa serie con 2:07(MP)

Carla Pérez: 600ml posto 1 da súa serie con 1:50(MP)

Manuela Raviña: 600ml : posto 4 da súa serie con 1:58(MP) + Lonxitude: posto 17 con 4.20m

 

CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE DE DUATLÓN

Tamén o domingo tiña lugar o campionato provincial Xogade de duatlón, a onde acudían 11 deportistas do club, en busca do difícil pase para o campionato galego da modalidade.

Finalmente David Amigo, Gabriela Quintás e María Pereira, lograron o pase e serán xunto con Xían Castro, André González, Víctor Bouzón e Sabela Míguens os nosos representantes no campionato galego.

Na proba benxamín non puideron clasificarse Pedro Iglesias, que rematou na 18ª posición e Yeray Valle (20º). En alevín na categoría feminina María Pereira facíase co 5º posto o que lle daba o acceso ao campionato galego, mentres que Arón Lorenzo remataba 11º a so 3 postos do pase e Hugo Cea e Brais Otero eran 44º e 45º respectivamente.

Xa en infantiles lograban o pase David Amigo, 6º na categoría masculina e Gabriela Quintás 8ª, mentres que unha caída acababa coas opcións de Andrea Iglesias cando estaba a protagonizar unha boa remontada na bici, quedando finalmente 14ª.

En cadete Xian Castro era 6º a pesar de sufrir unha caída e André González remataba na posición 27ª, pero os dous están clasificados para a final autonómica ao tratarse esta dunha proba aberta nesa categoría.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page