cinco benxamíns e un infantil presentes na primeira cita do atletismo ao aire libre en pista que tiveron como escenario as pistas da USC de Santiago de Compostela
O sábado 17 de marzo disputouse a primeira das dúas xornadas benxamín e combinadas infantís de atletismo en pista Escolar Xogade 2018 na que tomaron parte 6 atletas do olímpico de Vedra.
Destacaron a actuación de Iago Lago gañando en 1 km marcha e sendo 3º en peso, Miguel Anxo Torres, 1º na súa serie de 50 metros con un excelente tempo e un moi bo 6º posto en 1000 metros.
Moi boa participación tamén a de Asier Cabo, acadando o 6º posto nas combinadas, rematando con varias marcas persoais nunha proba na que debutaba e boa actuación a de Lucía Senín que debutaba en competición e que acadaría o 7º posto en lanzamento de pelota.
RESULTADOS
BENXAMÍNS:
Lucía Senín: Peso: 7º posto con9.64m (MP) + Pelota (3 nulos)
Iago Lago: 1km Marcha (posto 1º con 7:44.72 )+Peso : Posto 3º con 6.59(MP)
Carlos Lázara: 500: 8º da súa serie con 1:58.15 +Lonxitude: posto 19º con 1.90m
Paio Rubido: 50 ml:3º da súa serie con 9.24 + 500 ml:8º da súa serie con 2:00.35
Miguel Anxo Torres: 1000ml: 6º posto con 4:10.88 + 50 ml: 1º da súa serie con 8.65 (MP)
INFANTILES:
Asier Cabo: Tetratlón. 1º da súa serie en 80 con 11.37 (MP), 6º en peso con 7.37m (MP), 3º en lonxitude con 4.31m e 6º en 80mv con 16.85que lle deron o 6º posto total con 1171 puntos.
Parabéns a tod@s e a seguir mellorando.