top of page

CAMPIÓNS GALEGOS DE DUATLÓN CONTRARELOXO POR EQUIPOS 2018


A pasada foi unha fin de semana de intensísima competición para o noso clube, onde ademais de estar presentes en varias frontes acadamos o segundo título autonómico da nosa historia

Gran xornada a do pasado sábado, onde un ano máis, como adoita ser habitual no mes de febreiro, Vedra convértese na capital autonómica do duatlón. Unha proba que por quinto ano consecutivo logra ser o duatlón con máis participación de Galicia e que ano tras ano vai a máis. Este ano con nove centro neurálxico da mesma, que aínda a medio construír, despertou a curiosidade de moitos dos membros dos clubes participantes.

A nivel deportivo na categoría masculina, non puíderon ir mellor as cousas. O equipo masculino partía como gran favorito, nunha edición esta con maior nivel que a do pasado ano. Finalmete Jacobo Crego, Manuel Dosil, Cesar Otero, Ismael García, Juan Cepeda e Víctor Bouzón, traballaban a perfección para lograr unha nova victoria, reeditando así o título do pasado ano. 2º título absoluto do club e 9º se se contan todas as categorías. Na proba feminina presentabamos un equipo algo mermado polas baixas, malia todo conseguiron mellorar en 3 minutos o tempo da pasada edición. Tania Garabatos, Katia Senín, Rita Cabanelas, Tania Suárez e Marta Suárez lograban o 6º posto por equipos.

Moi boas prestacións tamén dos participantes na proba Open V Duatlón concello de Vedra, onde o equipo B, formado por Jorge Ferradáns, Alfonso López, Julio Mallo e Adrián Picallo se facía co primeiro posto, reeditando tamén o primeiro posto en dita proba do ano 2017. O equipo C con Antón Barreiro, Xurxo Carballo, Adrían Campaña e Pablo Cabanelas era 14º e o equipo D integrado por Alejandro Argibay, Santiago Soleto, Saúl Carril, Sergio Marquíz e André García, remataba 37º.

En definitiva, unha gran xornada que servíu para inaugurar a Superliga Beone, no que foi unha gran festa para o deporte.

 

7º posto do equipo cadete feminino no campionato galego de Cross


O equipo integrado por 5 compoñentes no seu primeiro ano na categoría e unha no segundo, conclúe así unha moi meritoria tempada de campo a través.

Na mañá do sábado 17 de febreiro disputábase o campionato galego de cross a onde se desprazaba o noso equipo cadete feminino logo de lograr o pase a final autonómica como un dos dous mellores equipos da provincia de A Coruña.

Posto que se trababa da primeira participación de moitas das compoñentes do equipo, o obxectivo da proba era máis disfrutar e aprender para seguir medrando como atletas, que acadar un moi bo resultado deportivo, conscientes de que a meirande parte das compoñentes do equipo eran de primeiro ano.

O equipo rematou no 7º posto autonómico, logo da actuación de Gabriela Quintás posto 25ª, Carla Pérez posto 35ª, Lucía Castro posto 37ª, Andrea Iglesias Posto 38ª, Manuela Raviña 46ª e Iria Ferreiro 48ª.

Un moi bo colofón pois a tempada, que dá mostras do bo traballo realizado e das progresións acadadas, e que de seguir na mesma liña fai preveer moitos éxitos futuros.

 

Postos de finalista e mellores marcas persoais para os nosos lanzadores no campionato galego de lanzamentos longos


As pistas do Estadio Lucense Gregorio Pérez Rivera, eran o escenario o sábado 17 do campionato galego de lanzamentos longos, onde o noso club estaba representado por tres deportistas

Todos eles raiaron a gran altura e fixeron mellor marca persoal na proba de lanzamento de disco, onde ocuparon praza de finalista, con Araceli de Roo acariñando o podio coa cuarta posición, logo de facer un lanzamento de 25,56 metros. Lucía Freire era octava cun lanzamento de 19,79, mentres que na proba masculina, cun lanzamento de 22,33 Diego Liñares remataba en sétimo lugar.

Paralelamente no módulo cuberto celebrábase a 4ª xornada da Copa Deputación de Lugo, onde os mesmos deportistas estaban presentes, xunto con Noela Baltasar para participar nun total de 7 probas. Diego Liñares volveu a facer marca persoal nos 60 metros lisos (2º da súa serie) e no lanzamento de peso, proba esta última onde rematou 5º logo de mellorar case medio metro a súa anterior marca. Araceli de Roo tamén fixo sendas marcas en 60 (2ª da súa serie) e peso, sendo 3ª nesta última modalidade. Lucía Freire, tamén con marcas persoais en 60 (3ª na súa serie) e peso remataba 4ª nesta útlima, mentres que Noela Baltasar era 3ª da súa serie en 60 metros lisos.

En definitiva unha gran actuación que de seguro dará moitas marcas persoais para estar presentes nos campionatos galegos de pista cuberta en categoría cadete, que se celebrarán en Ourense no mes de marzo, e ademais é un bo preámbulo de cara a tempada de aire libre.

 

10 deportistas das escolas no trofeo de atletismo Mazí de Vilagarcía


O domingo 18 de marzo as pistas de atletismo de Fontecarmoa en Vilagarcía, eran o escenario do trofeo Mazí de atletismo en pista, cita a que acudían unha decena de "olímpic@s" en busca de marca para os campionatos galegos.

Alex Cabo gañaba a súa serie de 60 metros lisos mentres que facía marca persoal en lonxitude rematando en 12º lugar tendo así unha destacada actuación. María Pereira, cun tempo de 1,44 era 10ª en 500 metros. Nerea Martínez lograba o 6º posto nos 60 metros lisos, cun tempo de 9:54 acadando o pase para o campionato galego, mentres que en lonxitude estaba algo menos afortunada Samuel Cortés era 5º en peso cun lanzamento máximo de 5,90 e marca persoal e 5º na súa serie nos 60 metros. Frans de Roo era 2º da súa serien en 60 metros e 12º en lanzamento de peso con marca persoal. Fátima Liñares remataba 6ª na súa serie de 60 metros. Miguel Anxo Torres ocupaba o 5º posto na súa serie de 500 metros cun tempo de 1:56 logrando así marca persoal. Paio Eubido remataba 6º na súa serie de 50 metros e 12º en lanzamento de peso. Lorena Pegito con 2:01 era 7ª na súa serie de 500 metros. E por último, Sandra Rilo remataba 15ª en 500 con 2,07 e 14ª en peso con 2,94.

Deixando a un lado os resultados, o máis importante é que tod@s seguen a mostrar moi bos avances e disfrutaron dunha fantástica xornada de atletismo.

 

En definitiva unha fantástica fin de semana. Con 50 deportistas en competición e desprazados a catro frontes competitivas ademais organizando unha delas. Non soamente cabe felicitar a tod@s @s deportistas, senón a tanta xente que colaborou na organización do duatlón e as empresas e institucións que nos apoian día a día.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page