top of page

Silvia Deira campioa galega de du cross, Cesar Otero bronce galego junior de cross e o equipo cadete


Exitosa fin de semana para os deportistas do Olímpico de Vedra na que acadaron 2 medallas autonómicas e o equipo cadete feminino de cross selou o pase para a final autonómica do programa Xogade

O fin de semana pasado @s nos@s deportista déronnos moitas alegrías nas diversas frontes competitivas nas que estiveron presentes. En Poio, o domingo a mañá tiña lugar o campionato galego de duatlón cross, disciplina na que Silvia Deira se problamaba campioa galega absoluta por diante de Belen Lemat e Lorena García.

Tamén na mañá do domingo, pero na localidade ourensana de Ribadavia, tiña lugar o campionato galego de cross longo absoluto e de cross junior. Nesta última categoría, Cesar Otero obtiña a medalla de bronce, soamente superando por Pedro Osorio e Iván Puentes, nunha valente carreira que se encargou de romper o noso deportista e que puido rematar cun moi meritorio podio.

Istes éxitos autonómicos viñan ademais precedidos do bo facer da nosa canteira na fase provincial do programa Xogade, onde o noso equipo cadete feminino obtiña o subcampionato provincial, soamente superado polo Ría de Ferrol e convertíase nun dos 8 equipos que estará presente no campionato provincial que se celebrará o vindeiro 17 de febreiro na Pobra do Caramiñal. Gabi Quintás 4ª, Carla Pérez 11ª, Lucía Castro 17ª, Andrea Iglesias 31ª, Iria Ferreiro 34ª e Manuela Raviña 32ª facían posible ese posto de privilexio. Moi salientable tamén a actuación de Arón Lorenzo, 17º na categoría alevín masculina e María Pereira 28ª na infantil feminina, que malia non ocupar un dos 8 postos que darían acceso de modo individual ao campionato galego, ao non ter equipo, completan unha fantástica tempada de cross.

Parabéns a tod@s!!!


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page