top of page

Podium do equipo cadete feminino e de Gabriela Quintás no campionato intercomarcal de Cross


O alevín Arón Lorenzo e a infantil María Pereira, xunto coa escadra cadete, logran o pase para o campionato provincial do que se quedou a un só posto o benxamín Miguel Anxo Torres

Moi satisfactoria a actuación dos nosos deportistas esta mañá no parque Eugenio Granel, emprazamento no que se disputaba o campionato intercomarcal de Cross do programa Xogade, que outorgaba as prazas para o campionato provincial que se celebrará o 3 de febreiro en Acea da Ama (A Coruña)

Moi destacada a actuación do equipo cadete feminino, que logrou o segundo posto na categoría e facíase con unha das dúas prazas que daban acceso a fase provincial. Nesta categoría tamén subíu ao podio Gabriela Quintás, que logo de facer unha gran carreira obtiña o segundo posto, o que xunto cos fantasticos 5º posto de Carla Pérez e 7º posto de Lucía Castro facían que o equipo acadara o posto antes mencionado. Moi boa actuación tamén de Andrea Iglesias 12ª, Iria Ferreiro 14ª e Manuela Raviña 15ª, demostrando o bo estado de forma de todo o equipo cadete, o que da moi boas vibracións para o campionato galego federativo de Campo a traves, que se celebrará o vindeiro domingo 28 de xaneiro en A Rúa.

Tamén foi moi destacada a actuación da infantil María Pereira, que acababa en 6ª posición, logrando así o pase ao provincial de xeito individual o mesmo que Arón Lorenzo, que logro na proba alevín un tamén salientable 7º posto, clasificandose así os dous por estar entre os 8 primeiros individuais. Magoa de que un so posto, foi 9º, separara a Miguel Anxo Torres de lograr o pase na categoría benxamín, tras facer unha moi boa proba, o que significaría o pleno de clasificados para o campionato provincial.

En conclusión, que a canteira do Olímpico segue a dar mostras do seu bo facer e os seus avances, o que fai presaxiar outra gran tempada nas distintas modalidades, pois esta, non acaba máis que comezar. A seguir así.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page