O club Olímpico de Vedra organizará a primeira edición do Cross do Souto o sábado 18 de Novembro na carballeira de San Fins de Sales

Primeiro foi a carreira popular de Vedra, logo o duatlón escolar, posteriormente o duatlón absoluto que na segunda edición se convertia en campionato galego contra o reloxo por equipos (pioneiros tamén en Galicia) e agora tócalle o turno ao cross coa celebración do primeiro cross do Souto.
Dentro da reestructuración de eventos do club, logo de chegar a un acordo co concello de Vedra para a fusión da Carreira Popular de Vedra que este ano celebra a súa 13ª edición e a Carreira Nocturna Solidadria, que no vindeiro Nadal celebra a súa terceira edición e de renunciar en 2018 a organización do Duatlón Escolar de Vedra logo de 11 edicións, nace o I Cross do Souto, coa finalidade de diversificar a oferta atlética no noso entorno. A proba terá lugar o sábado 18 de novembro e nela haberá carreiras tanto en idade escolar como en categorías absolutas.
Esta iniciativa dase a coñecer no día que a federación galega de Triatlón ven de anunciar o seu calendario para 2018 e no que inclúe por cuarto ano consecutivo ao Duatlón Concello de Vedra, como campionato galego contrareloxo por equipos, que terá lugar o sábado 17 de febreiro nas inmediacións do pavillón municipal de Vedra. Esta proba, organizada polo noso club leva sendo durante 4 anos o duatlón con maior participación de Galicia.
Máis información sobre o I Cross do Souto www.olimpicodevedra.org/1o-cross-do-souto