top of page

Ascenso a segunda de triatlón e 3 medallas no galego de atletismo escolar


Gran fin de semana onde ademais se acadou o segundo posto por equipos no triatlón Aviamán e unha medalla individual

Superouse con éxito unha das fins de semana onde máis se xogaba o club na actual tempada. En Pontevedra tiña lugar o campionato de España de clubes, onde o equipo masculino competía e vencía, logrando o ascenso a segunda división para a tempada 2018. En Vigo, tamén se disputaba a última proba da tempada de atletismo en categorías escolares, coa disputa do campionato galego, onde as nosas deportistas acadaron 3 medallas. Para completar un exitoso fin de semana tamén grandes actuacións no Aviaman, na carreira de Silleda e no trofeo de atletismo cidade de Vigo.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRIATLÓN POR CLUBES

o equipo absoluto masculino gaña a competición de promoción e logra o ascenso a segunda división


Era unha das citas máis importantes da tempada, logo de quedarse as portas do ascenso en 2016 con un terceiro posto. Nesta ocasión ascendían cinco equipos e o noso club acudía coa vitola de favorito, pero nunha carreira onde se depende de 6 resultados sempre pode haber contratempos que den ao traste co obxectivo marcado.

A carreira desenvolveuse máis ou menos según o guión esperado, con Uxío Abuín nos primeiros postos dende os intantes iniciais, para conseguir a victoria con facilidade. Nun segundo grupo lograban entrar Luís Ferreira, César Otero e Víctor Bouzón, para rematar nos postos 9º, 14º e 21º respectivamente. Dende atrás progresaban Jacobo Crego e Miguel Daporta, que entraban en meta no posto 27º e 40º respectivamente, dando ao Olímpico de Vedra unha clara victoria con 40 puntos de marxe sobre o segundo clasificado, o triatlón Arteixo. Sen dúbida unha gran actuación, cun equipo mistura de xuventude e veteranía, que de seguro pelexará moi forte en 2018 por manterse na categoría de prata.

Non houbo a mesma sorte na proba feminina, onde a principio de tempada se había marcado como obxectivo o ascenso ao igual que no equipo masculino, pero que o cúmulo de baixas por distintos motivos, como ven sendo tónica habitual durante toda a tempada, facíaas sair xa case sen opcións antes de iniciarse a competición. Non obstante loitaron e acadaron o 13º posto, con Sofía Hipólito 12ª, Silvia Deira 22ª, Tania Garabatos 52ª e Bea Lago 77ª. Nos postos 83º e 88º entraban Alba Caamaño e Tania Suárez, pero fora xa do corte de tempo que daba puntos para o equipo. Agora toca facer reflexión, e traballar cara o futuro na búsqueda do momento no que se voltará a abordar este obxectivo, que a día de hoxe non parece moi viable.

 

CAMPIONATO GALEGO BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL DE ATLETISMO

Carla Pérez ouro, Manuela Raviña prata e Gabriela Quintás bronce nun día con moitas marcas persoais

Moi ben se dou a xornada de domingo na pistas de atletismo de Balaidos, escenario do campionato galego de atletismo en pista, onde estaba presente unha numerosa representación do club Olimpico de Vedra.

Compre destacar os podios de Carla Pérez, que coa medalla de outro en 500 metros lisos, facendo marca persoal, pon broche a unha grandísima tempada de atletismo en pista. Prata de Manuela Raviña en Lonxitude achegándose a os 5m xa e pechando tamén unha magnifica tempada e o bronce de Gabriela Quintás, que con marca persoal tamén volta a dar mostra do seu potencial.

Elas foron as que subiron ao podio, pero na xornada houbo moitas outras actuacións reseñables de mención. As propias Carla e Manuela a piques estiveron de facer dobrete, logo de ocupar o 4º posto nos 80 metros e no triple salto respectivamente, probas nas que lograron marca persoal. Tamén moi meritorios os postos 5° de Asier Cabo en triple e de Diego Liñares no disco, realizando os dous tamén un bo concurso en lonxitude e peso respectivamente . Iago Lago era 6º en marcha e 15º en peso, Samuel Cortés ocupaba o 8 posto en lanzamento de pelota e o 10º en peso con sendas marcas persoais. Alberto Guiance remataba 7º nos 2 qm marcha tamén con marca persoal, Lucía Castro era 7ª en disco e 8ª en peso infantil, Noela Baltasar tamén facía marca e era 8ª nos 3 qm marcha infantil. 11º era David Amigo nos 1000 metros infantil, mentres que Antía Vázquez era 13ª nos 3000 infantil e Arón Lorenzo 14º nos 2000 benxamín. Por último Gabriela Quintás soamente lograba ser 7ª na súa serie de 150 metros lisos e Frans de Roo e Eduardo Rendo eran descalificados na marcha.

Parabéns a tod@s e agora a disfrutar dunhas máis que merecidas vacacións.

 

TRIATLÓN DE MEDIA DISTANCIA AVIAMÁN

Jacobo Crego e o equipo masculino logran o subcampionato da proba clásica autonómica da media distancia

O domingo disputábase un dos triatlóns de media distancia que se está a converter xa nun clásico da media distancia en Galicia, o Aviamán. Nel participaba unha gran representación do club e víamos unha exhibición de Jacobo Crego, que logo de participar nas vésperas aportando para o ascenso do club a segunda división, facía unha machada ao lograr o segundo posto da clasificación xeral. Pero o resto de membros do equipo tamén facía unha proba de gran nivel, como mostra o 2º posto acadado tamén na clasificación por equipos. Manuel Dosil era 13º, Jorge Ferradáns 18º, Sergio Oliveira 19º, Xurxo Carballo 21º, Julio Mallo 35º, Adrián Picallo 36º, Alfonso López 44º, Antón Barreiro 47º e Sergio del Arco 98º. Así pois, parabéns a todos pois o feito de completar unha proba de media distancia xa é en si motivo de satisfación.

 

TROFEO DE ATLETISMO CIDADE DE VIGO E CARREIRA POPULAR DE SILLEDA


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page