top of page

Non acompañou a sorte nas distintas frontes competitivas do club esta fin de semana


COPA DO MUNDO DE CAGLIARI


O noso triatleta internacional que defendía as cores da selección española rematou a proba con mal sabor de boca pola mala sorte, de que unha caída o deixase cortado no sector ciclista logo de facer unha gran natación que nos facía preveer podería acadar un gran resultado. Finalmente no posto 40º, pero o resultdo é o de menos.

O vindeiro fin de semana Uxío fará un esforzo para axudarnos no obxectivo de ascender a segunda división na liga de triatlón, unha semana antes da disputa do campionato de Europa, no que será un dos catro representantes españois. De seguro ese gran resultado, que corrobore o seu gran momento de forma chegará nos campionatos de Europa tanto de distancia olímpica como de distancia sprint que lle esperan nas vindeiras semanas.

Moito ánimo campión!!

CAMPIONATO GALEGO CADETE INDIVIDUAL


Finalmente so 3 deportistas do club estiveron presentes na pista de atletismo de A Malata en Ferrol, na disputa do campionato galego da categoría cadete.

Araceli de Roo obtiña posto de finalista en lanzamento de peso ao acadar o 5º posto, mentres que en disco remataba en 9ª posición. Os dous son postos moi salientables, pois trátase dunha atleta de primeiro ano, pero que sabe que teñen moitísma marxe de mellora, polo que fan moi prometedora a vindeira tempada. No mesmo caso está Lucía Freire que tamén acadou o 8º posto (finalista) na proba de peso. A última das representantes, nun campionato non que causou baixa Icía Nogueiras pola morte dun familiar, foi Yoli Mareque, que rematou 11ª nos 3000 metros lisos cunha moi aceptable marca.

GRAN PREMIO DE MARCHA JOSEFINA ROMERO


o sábado disputábase o gran premio de marcha Josefina Romero na cidade de A Coruña, proba na que finalmente tomaban partida 4 deportistas do club. En categoría alevín Frans de Roo remataba na 10ª posición, mentres que Alberto Guiance era 14º. Na categoría infantil Noela Baltasar remataba 20ª e xa por último, na proba cadete Alba García entraba en meta na 14ª posición.

CAMPIONATO GALEGO DE TRIATLÓN DISTANCIA OLÍMPICA


A localidade pontevedresa de Baiona foi o escenario do campionato galego de triatlón en distancia olímpica, onde finalmente estiveron presentes 3 deportistas do noso club. En categoría feminina Alba Caamaño rematou no posto 15º, mentres que en categoría masculina Sergio Oliveira era 29º e Jorge Ferradáns 30º.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page