top of page

Moi boas marcas no clasificatorio para o campionato provincial infantil "Xogade"


Na xornada do sábado tamén se disputou a Carreira Popular Nocturna SantYago na que o noso triatleta Uxío Abuín logrou o 2º posto defendendo as cores do seu club de atletismo


O pasado sábado as pistas do Estadio da Alta en Cabío (A Pobra do Caramiñal) foron o escenario do 2º e último clasificatorio para o campionato provincial que se celebrará o vindeiro 20 de maio. A nutrida expedición do club Olímpico de Vedra voltou cun bo número de marcas persoais, que de seguro farán que teñamos unha gran representación na proba provincial.

Facendo resumo das actuacións individuais, Carla Pérez gañou nos 150 metros lisos, foi 2ª nos 80 metros lisos e 4ª en lonxitude, Lucía Castro foi 1ª en lanzamento de disco, 6ª en Peso e 7ª en xavelina, Carlota Cea completou a participación sendo 5ª en 3 qm marcha, 6ª en disco e 11ª en peso, Andrea Iglesias foi 11ª nos 1000 metros lisos e 3ª na súa serie nos 80 metros lisos, Asier Cabo gañou en lonxitude, sendo 3º en triple e 2º na súa serie en 150 metros lisos, Diego Liñares tamén se impoñía en disco sendo 8º en lonxitude e 9º en triple, Gabi Quintás gañaba nos 500 metros lisos, Noela Baltasar era 1ª na súa serie de 80 e 9ª en xavelina, Manuela Raviña eran 3ª en lonxitude e 4ª en triple e Andrea Torres 2ª na súa serie de 150 e 8ª en xavelina. Estas catro últimas (Gabi, Noela, Manuela e Andrea) eran ademais as integrantes do relevo que 4x80, proba que tamén gañaban.

De seguro haberá unha gran representación no campionato provincial, onde as nosas xóvenes promesas pelexarán por facelo o mellor posible. De momento parabéns a tod@s polo acadado.

CARREIRA POPULAR SANTYAGO 10K


Tamén o sábado se disputou a carreira popular nocturna SantYago 10k a que asistiron algún dos deportistas do noso club por libre. Uxío Abuín, que en atletismo defende as cores do atletismo Sar acadou o segundo posto, afinando así a súa forma para os retos importantes os que terá que enfrontarse nos vindeiros meses. Na proba tamén participaron Julio Mallo, acadando un moi meritorio 30º posto, Pablo Cabanelas na posición 162 e Adrián Campaña que rematou 635. Pedimos disculpas se se nos esquece algún/ha Olimpic@.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page