top of page

Os equipos masculino e feminino do Olímpico de Vedra descenden a 2ª división da Liga Nacional de dua


4 puntos (1 posto) separaron as féminas de seguir na división de honra mentres que os homes quedaron a 10 puntos (só 2 postos)


Non puido ser, nin a mellor posición acadada por un equipo absoluto nun campionato de España polo equipo masculino (8º posto) nin o colchón de puntos que tiña o equipo feminino foron suficientes para manterse na categoría de ouro do duatlón estatal.

Onte disputábase en Avilés o campionato de España de duatlón por clubes, o que era a última proba e decidía a liga nacional 2017. O campionato disputábase sobre a distancia sprint (5 qm de carreira, 20 qm de ciclismo e 2,5 novamente de carreira). Nela, cada equipo compoñiase de 10 deportistas que compiten de xeitos individual, outorgando puntos en función da súa posición: o primeiro clasificado 150, o segundo 149, e así sucesivamente, sempre sen rebasar en mais do 25% o tempo rexistrado pol@ primeir@ clasificad@.

A proba feminina presentábase cun equipo mermado polas baixas, e mesmo nin era posible completar as súas 10 compoñentes, aínda así, o colchón de puntos que se tiña das xornadas anteriores, facía previsible que con un 11º posto se puidera manter a categoría. Finalmente houbera ata chegado un 13º posto, pero o feito de que soamente 6 das nosas compoñentes pasaran o corte do 25% do tempo extra dende a entrada da primeira clasificada, deixábanos en 14ª posición no campionato.


As nosas deportistas deron o que podían e completaban a proba con Inés Pereira 39ª, Silvia Deira 44ª, Tania Garabatos 65ª, Katia Senín 72ª, Bea Lago 93ª e Olivia Rodríguez 105ª sendo as 6 integrantes que pasaban o corte, quedando a menos de un minuto Susana Nieto e Alba Caamaño, mentres que un pouco máis atras remataba Arantxa Tomé. Finalmente o 14º posto outorgaba soamente 22 puntos ao equipo, levandoo a sumar 92 na liga, rematando a soamente 4 puntos do 10º posto que daba a salvación. O 13º houbera sumado 28 puntos o que outorgaría a permanencia ao equipo.

Na proba masculina tocaba facer a proba perfecta, pois o equipo chegaba a última proba na posición 12ª, o que obrigaba ao rapaces a rematar na 6ª posición se se quería manter a categoría. O noso equipo nunca obtivera un resultado colectivo por encima do posto 15º e parecía unha empresa complicadísima, pero tamén se ía co optimismo de levar o mellor equipo de sempre e que un formato de 10 competidores, nos era favorable.


Ao pouco da saída xa nos dabamos de conta de que ía ser case imposible acadar o obxectivo, cando Kike Goce se vía obrigado a abandonar por lesión. Aínda que eramos conscientes de que se nos tiña que dar a proba perfecta, confiabamos en que o discurrir da proba nos fixera seguir soñando co obxectivo. Uxío abuín en 3ª posición, Manuel Dosil 25º, Miguel Daporta 55º, Jacobo Crego 60º, Anxo Lema 72º, Ismael García 92º, Cesar Otero 94º, Víctor Bouzón 103º e Juan Cepeda 108º, facíannos soñar con logralo. Finalmente 8º posto. O mellor posto acadado como equipo nun campionato de España e primeiro equipo galego, pero de nada servía, porque cumpríanse as previsións e necesitabamos un 6º posto para ter mantido a categoría.

Non queda outra que levantarse, o reto que enfrontabamos esta tempada era maiúsculo e o chisco de sorte que a veces se precisa foinos esquiva en momentos puntuais, xunto con outros detalles. Non obstante é para estar orgullosos pois enfrontámonos e tuteamos a clubes de grandes cidades deste pais e demos batalla durante toda a competición descendendo na última xornada e por escaso marxe.

Hai algo que se debe ter en conta, a primeira división compóñena 15 equipos dos que descenden 5. A pesar do descenso o equipo feminino rematou a tempada 11º de España e o masculino 12º. O equipo masculino foi ademais 8º na última xornada o que quere dicir que foi o 8º club no campionato de España de clubes 2017. Máis aló da tristeza que nos produce perder a categoría, son datos dos que é para estar moi orgullosos, sobre todo cando este reto foi afrontado por un equipo mezcla de veteranía e xuventude, tamén con deportistas que levan pouco tempo competindo, pero sobre todo foi acadado por un equipo de amig@s, e ise é o valor máis grande que ten o club Olímpico de Vedra.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page