top of page

Bo inicio de tempada de pista para @s cativ@s do noso club


Numerosas marcar persoais e bos postos na xornada disputada o pasado sábado en Noia


O pasado sábado 1 de abril disputouse nas pistas de atletismo de Noia a primeira das xornadas clasificatorias para a fase provincial de atletismo nas categorías benxamín e alevín.

Nel participou un nutrido grupo de deportistas das nosas escolas de base acadando moi bos postos e marchas coas que moitos deles aseguraron o pase ao campionato provincial. Entre as actuacións máis significativas, destacar na categoría benxamín o segundo e treceiro posto en 1 qm marcha para Iago Lago e Edu Rendo, mentres que Samuel Cortés era 4º posto en lanzamento de pelota cunha marca de 15,54m, en peso Xián Nogueiras ocupaba o 2º posto con 7,37. Completou a actuación benxamín Miguel Anxo Torres co 4º posto nos 1000 metros lisos e o 7º en salto de lonxitude. En alevíns Frans de Roo e Alberto Guiance eran 2º e 3º respectivamente en 2 qm marcha e Frans tamén acadaría o 10º posto en peso. Destacada tamén a actuación de Xosé Raviña, 2º en salto de lonxitude e 9º en peso, o 4º posto nos 2000 metros para Arón Lorenzo e nos 500.

En resumo gran xornada de deporte escolar, onde a climatoloxía quixo acompañar e a choiva

non fixo acto de presenza, cunha temperatura moi agradable. Moitos debutantes na expedición

do Olímpico, na que se acadaron numerosas marcas persoais e os que non, lograron numerosas

ensinanzas e aprendixases que a bo seguro lles virán moi ben de cada a segunda e última

xornada clasificatoria que terán as categorías benxamín e alevín en A Pobra o Próximo sábado

29 de Abril na novamente. Cada deportista tentará acadar a mellor marca posible nas dúas

probas que realicen para poder clasificar para o Campionato Provincial do 20 de Maio.

Noraboa tod@s!


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page