top of page

CAMPIÓNS GALEGOS ABSOLUTOS


O Olímpico de vedra acada o seu primeiro título autonómico e o equipo feminino repite medalla de bronce, nunha proba na que o club exerceu como anfitrión, resultando un enorme éxito ao establecer un novo record de participación nun duatlón de ámbito autonómico, con preto de 450 duatletas.

Pasaron xa uns días da histórica xornada vivida polo Olímpico de Vedra no campionato galego de duatlón contrareloxo por equipos, que erixía a Vedra un ano máis en capital autonómica do duatlón. O noso equipo masculino lograba por fin o ansiado título autonómico, logo de impoñerse por excaso marxe ao Triatlón Ferrol, acompañandoos no podio o Atletismo Porriño. A escadra vedrense composta por Manuel Dosil, Jacobo Crego, Miguel Daporta, Kike Goce, Cesar Otero e Ismael García, logra así o seu primeiro título autonómico logo do bronce de 2015 e a prata de 2016 na modalidade estandar.

Tamén exitosa foi a participación do equipo feminino, que repite medalla de bronce por segundo ano consecutivo. Este ano, non obstante, non colma as espectactivas, pois as baixa mermaron en exceso un equipo, que houbera aspirado a bastante máis. Tania Garabatos, Tania Suárez, Bea Lago e Alba Caamaño, fixeron pese a ser soamente catro, unha moi meritoria proba, que situaba ao equipo outra vez no terceiro peldaño do caixón.

PROBA OPEN

Antes da disputa do campionato galego, o noso club tamén tiña unha moi importante presenza na proba Open, onde nos presentabamos con 4 equipos masculinos e 1 equipo feminino, sendo un dos equipos con maior presenza na mesma. Pero a cousa non soamente quedou aquí, senón que nesta modalidade, na que participaban 46 equipos asistimos a unha exhibición dos nosos equipos B e C, acadando o 1º e 2º posto. Mentres que o equipo feminino B tamén ocupaba a primeira posición. A composición dos equipos era: equipo B masculino, Anxo Lema, Julio Mallo, Sergio Oliveira, Juan Cepeda e Víctor Bouzón; equipo B feminino Katia Senín, Alba Lorenzo, Raquel Vaamonde e Arantxa Tomé; equipo C masculino David Noya, Xurxo Carballo, Alfonso López, Jorge Ferradáns e Eduardo Figueiras; equipo D masculino Pablo Cabanelas, Marcos Dobalo, Adrián Picallo e Adrián Campaña: equipo E masculino Alex Parga, Alejandro Argibay, Garikoitz Ruano, Xaime Martínez e Toño Matalobos.

81 EQUIPOS E 450 DEPORTISTAS

A cuarta edición do Duatlón concello de Vedra, que da nome ao Campionato Galego de Duatlón contrareloxo por equipos, disputouse por terceiro ano consecutivo na nosa localidade. O éxito de participación voltou a ser rotundo ao ser un ano máis o duatlón de ámbito autonómico con maior participación, nada máis e nada menos que 450 deportistas. A organización, que corría a cargo do noso club, afanouse en tratar de reforzar os puntos débiles da proba, salvando pese aos percances, a proba con nota. Xa non estamos a falar dunha proba convencional a nivel de participación, pero tampouco a nivel organizativo, pois é moitísimo máis laborioso organizar un duatlón sobre esta modalidade que sobre a modalidade estandar. Pola nosa parte non queda máis que darlle as grazas a tantos voluntarios que nesta edición, como nas edicións anteriores, puxeron tanto da súa parte para que todo saíse ben. Para tod@s as nosas felicitacións!!


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page