top of page

Boas sensacións nas distintas competicións na pasada fin de semana


O Olímpico de Vedra continúa a súa posta a punto cara as primeiras competicións importantes da tempada nas distintas categorías e modalidades

DUATLÓN DE GUITIRIZ

O sábado celebrábase en Guitiriz a primeira cita clasificatoria para o campionato galego de duatlón. O noso club puido amosarse coma un bloque moi sólido acadando a prata por equipos tanto en categoría masculina como feminina. Na proba masculina estiveron ademais moi pretiño do podio Manuel Dosil (4º) e Jacobo Crego (5º), os dous excepcionais, como fabulosa foi tamén a actuación de Cesar Otero (7º da xeral e 2º junior), Ismael García Carballo 10º, Kike Goce 13º (3º veterán) e Juan Cepeda (18º), os seis xa clasificados así para o campionato galego. Tamén completaron unha boa proba Sergio Oliveira (30º), Julio Mallo (41º), Jorge Ferradáns (54º), Eduardo Figueiras (59º). Todos eles, pese a non lograr a clasificación teñen moitas posibilidades de facelo nas seguintes citas, como tamén as ten David Noya (4º clasificado na proba sen corte). Tamén na proba sen corte participaron David Pastoriza, Xosé Antón Barreiro e Toño Matalobos. No que respecta a clasificación das rapazas, pese a soamente competir 3 das nosas deportistas, logrando xa así as 3 o pase para o campionato galego, bo 6º posto para Tania Garabatos, notable debut para Susana Nieto rematando 11ª, mentres que a cadete Alba Lorenzo era 16ª da xeral e segunda na súa categoría.

 

CAMPIONATO GALEGO DE NADA E CORRE

Tamén o sábado tiña lugar o campionato galego de Nada e Corre celebrado en Pontevedra soamente tiñamos un representante Víctor Bouzon. Pese a acadar dúas marcas persoais, ao conseguir nadar os 400 metros en 4,45 e correr os 2000 en 6,07, tiña que conformarse co 4º posto a soamente 1 segundo da medalla de bronce.

 

CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS LONGOS

No mesmo sábado e tamén en Pontevedra disputouse o Campionato Galego de Lanzamentos Longos (Martelo, disco e Xavalina) Cadete e Xuvenil no cal tomaban parte dúas das nosas deportista, atletas coas 12 mellores marcas da comunidade das citadas categorías.

Araceli de Roo en disco, cun mellor lanzamento de 24.67 metros no 6º intento, moi preto da súa marca persoal, acariñaba o podio co 4º posto na clasificación da final. A outra deportista do club, Lucía Freire, competía en martelo, cun mellor lanzamento de 15,06 acadando o 10º posto. Hai que ter en conta que as dúas lanzadoras debutan este ano na categoría cadete, polo que seguen a acumular experiencia para citas futuras.

 

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Xa o domingo disputouse o Campionato Galego de Marcha en ruta polas rúas do

Peirao Comercial e paseo Marítimo da Vila de A Pobra do Caramiñal, na que os benxamíns percorreron 1 qm, alevíns 2 qm, Infantiles 3 qm e Cadetes 5 km. 8 foron os representantes do Olímpico de Vedra na proba.

En benxamín moi bo debut de Iago Lago que no seu primeiro ano de categoría rematou nun fenomenal posto 6º e cun tempo de 8'32´´. Na proba alevín, Frans de Roo continúa cunha gran progresión na disciplina e completou o percorrido cun moi bo tempo de 13:34´´ que lle deron o 7º posto. Xa na carreira Infantil, onde o club presentaba a 3 compoñentes, Noela Baltasar remataría nun moi bo 6º posto, Tareixa Pose acadaría o posto 12 e Carlota Cea remataría no posto 15º. Xa en cadete, boa actuación de Alba García que remataba en 10º posto acadando marca persoal, mentres as outras dúas atletas, as dúas debutantes tamén rendían a moi bo nivel ao acadar Icía Nogueiras o posto final 12º e Iria Ferreiro o posto final 13º

 

DUATLÓN ESCOLAR DE FENE

No dúatlon escolar de Fene tamén competía outra das expedicións do Olímpico o pasado domingo.

Víctor Bouzón podía resarcirse do mal sabor de boca das vésperas e acadaba o segundo posto na categoría cadete, categoría na que tamén debutaba con bo pe Xian Castro, logrando a 7ª praza. En infantil masculino 30º posto para André González, que terá que esperar ata o seguinte clasificatorio para lograr a clasificación para o campionato provincial. Xa en benxamín, onde contabamos con 3 representantes, tras a baixa de Xandre Pomar por enfermidade, moi boa actuación de Arón Lorenzo 5º, mentres que os seus compañeiros Brais Otero e Hugo Cea eran 27º e 30º, moi preto tamén da clasificación para o campionato provincial


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page