top of page

36 representantes do Olímpico en 5 citas competitivas esta fin de semana


O sábado Guitiriz será a cita da primeira proba do circuíto galego de duatlón, mentres que pontevedra acollerá o galego de lanzamentos e o galego de "nada e corre". Xa o domingo A Pobra e Fene serán escenarios respectivos dos galegos de marcha en ruta e do primeiro clasificatorio de duatlón escolar.


Este sábado debuta a modalidade de duatlón, coa celebración do primeiro duatlón do circuíto galego absoluto na localidade de Guitiriz. A proba, sobre distancia sprint (5 quilómetros de carreira,20 de ciclismo e 2,5 de carreira) acude unha numerosa representación do Olímpico de Vedra buscando xa a clasificación para o campionato galego, para a que están en xogo 18 prazas e ultimando a preparación para o campionato galego de duatlón contrareloxo por equipos que terá como escenario Vedra o vindeiro sábado 18 de febreiro. En total 17 representantes. Na categoría feminina buscarán o pase ao campionato galego Alba Lorenzo, Tania Garabatos e Susana Nieto buscarán o pase para o campionato galego; mentres que na masculina Jacobo Crego, Cesar Otero, Ismael García Carballo, Manuel Dosil, Jorge Ferrandáns, Julio Mallo, Eduardo Figueiras, Juan Cepeda, Sergio Oliveira e Kike Goce farán o propio. Xa na saída sen corte participarán David Pastoriza, David Noya, Antonio Matalobos e Antón Barreiro.


Tamén o sábado as pistas do CGTD en Pontevedra, serán o escenario do campionato galego de inverno infantil-cadete no cal tomarán parte as lanzadoras do Olímpico de Vedra Araceli de Roo, que o fará en disco e Lucía Freire que competirá na proba de martelo. No campionato toman parte as 12 mellores marcas autonómicas. As dúas representantes do noso club foron xa finalistas o ano pasado no campionato galego na categoría infantil e acuden a cita como cadetes de primeiro ano na búsqueda de experiencia nesta nova categoría

Paralelamente a dito campionato, tamén nas instalacións do CGTD (Pistas de atletismo e piscina), terá lugar a final galega de Nada e Corre, para a que logrou clasificarse Víctor Bouzón na categoría cadete. Na final autonómica estarán os 18 mellores deportistas autonómicos que lograron o billete nas fases clasificatorias.


Xa domingo 12 de febreiro o paseo marítimo da localidade de A Pobra do Caramiñal serán o escenario do camionato galego de marcha en ruta, onde serán da partida 8 deportistas da nosa escola de marcha. En Benxamín Iago Lago, que debutará na modalidade, en alevín Frans de Roo, as intantiles Noela Baltasar, Carlota Cea e Tareixa Pose e xa en cadete Alba García, Iria Ferreiro e Icía Nogueiras serán as representantes do noso club na proba. O campionato disputarase sobre 1 quilómetro na categoría benxamín, 2 na alevín e 3 nas infantil e na cadete. Neste campionato determinaranse ademais a composición final dos equipos que representarán a Galicia no campionato de España de marcha por autonomías.

Tamén o domigo a localidade de Fene vivirá o debut do duatlón en idade escolar "Xogade" nunha cita na que estará presente o Olímpico de Vedra con 8 representantes. Na categoría benxamín, sobre unha distancia de 500 metros de carreira, 2 quilómetros de ciclismo e 250 metros de carreira, defenderán as cores do Olímpico Arón Lorenzo, Brais Otero, Xandre Pomar e Hugo Cea. Xa na categoría infantil (1,5 quilómetros de carreira, 6 qm de ciclismo e 750 metros de carreira) André González e Domingos Pose serán os nosos representantes; para rematar a maña coa carreira cadete, onde Víctor Bouzón e Xian Castro deberán cubrir unha distancia de 2000 metros de carreira, 8 quilómetros de ciclismo e 1000 metros novamente de carreira.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page