top of page

Boa actuación dos nosos tres cadetes no campionato galego de pista cuberta


Mellor marca persoal para Xián Castro en 600 metros lisos e Araceli de Roo en 50 metros lisos. Boa actuación tamén de Lucía Freire


Os tres deportistas cadetes do noso club que competían hoxe no campionato galego de pista cuperta celebrado en Riazor raiaron a gran nivel. O representante masculino do club na competición era Xian Castro, que na proba dos 600 metros lisos rematou 11º cun tempo de 1'43" mellorando a súa marca persoal en case 5 segundos. Competíu na final b, na que ademais foi segundo.

As dúas representantes femininas que obtiveran mínima para a proba de peso foran Araceli de Roo e Lucía Freire. As dúas son deportistas de primeiro ano na categoría cadete, polo que a súa actuación ten enorme mérito. Araceli rematou 9ª, cun lanzamento de 8,42, a piques de entrar na mellora, cousa que houbera conseguido de non ser por un lanzamento nulo por moi pouco que se houbera ido máis aló dos 9 metros. Lucía rematou 13ª cun moi aceptable mellor lanzamento de 7,39. Araceli tamén tomou partida na proba dos 50 metros lisos onde rematou 5ª na súa serie cun tempo de 7" 67 centésimas.

Así pois, moi boa actuación que dan mostra dos avances que seguen a amosar as nosas xóvenes promesas.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page