top of page

Xian Castro, Iria Ferreiro, Gabi Quintás e María Pereira clasifican para o provincial


Tamén logrou a clasificación Lorena Pegito, esta vez defendendo as cores do CPI Fonte Diaz, mentres o equipo infantil feminino (3º) quedou a un posto.

Este sábado disputouse na Alameda de Santiago de Compostela o campionato Intercomarcal de cross en idade escolar "Xogade", clasificatorio para o campionato provincial. Nel tomaban parte os equipos e deportistas do club que lograran a clasificación logo da primera fase celebrada no mes de decembro.

Destacou a actuación de 4 deportistas, que lograron o pase para o campionato provincial: Gabriela Quintás, logo de ocupar a 4ª praza na categoría infantil; Xian Castro, que rematou como 5º cadete; María Pereira, que foi 6ª na proba alevín e Iria Ferreiro, que remataba na posición 8ª na proba cadete. Na proba benxamín feminina, aínda que no "Xogade" participa co seu colexio, tamén logrou a clasificación a nosa atleta Lorena Pegito ao ser 7ª.

As portas da clasificación para o campionato provincial quedou o equipo infantil feminino, que acadaba a 3ª posición do podio, a un so posto de clasificarse, e no que compre salientar as actuacións de Carla Pérez, 10ª a so dous postos da clasificación, Manuela Raviña (14ª), Lucía Castro (15ª), Noela Baltasar (25ª) e Andrea Torres (26ª).

A piques de clasificarse estivo tamén na categoría cadete Yolanda Mareque, logo de acadar a 9ª posición nun equipo que rematou no quinto posto e no que completaron a actuación Icia Nogueiras (12ª), Mariña Cortés (14ª), Alba García (20ª), Sara Martínez (21ª), Araceli de Roo (22ª) e Carla Parada (27ª).

Na categoría alevín feminina, estivo a piques de lograr o pase Nerea Martínez, ao acabar na 10ª posición, proba na que tamén participaba Sandra Rilo acadando a 21ª posición. As dúas atletas "olímpicas" participaban nesta ocasión na proba co seu centro educativo, o CPI Fonte Díaz.

A actuación do club completabaa o equipo alevín masculino, que remataba no 5º posto logo da participación de Xosé Raviña (12º), Alex Cabo (21º), Arón Lorenzo (23º), Hugo Cea (33º) e Frans de Roo (35º).

En xeral unha boa actuación tanto individual como por equipos, mágoa do equipo infantil feminino, que pese a subir ao podio non logrou a clasificación para o campionato provincial.

A próxima cita co cross escolar será o vindeiro 11 de marzo, coa disputa do campionato provincial escolar na Pobra do Caramiñal, pero antes, o día 5 de marzo, @s cadetes do club terán unha cita no concello de A Baña co campionato galego cadete-xuvenil.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page