top of page

24 atletas do Olímpico en busca do pase ao campionato provincial


A escola do noso club estará presente na proba cos equipos alevín masculino, infantil feminino, cadete feminino, ademais de Xian Castro e María Pereira.


Este sábado dispútase o campionato intercomarcal de cross escolar "Xogade" no que tomará parte a escola do noso club.

Para o mesmo acadaron a clasificación de xeito individual en categoría alevín feminina María Pereira e en categoría cadete masculina Xian Castro, así como equipo infantil feminino composto por Gabriela Quintás, Carla Pérez, Noela Baltasar, Lucía Castro, Manuela Raviña e Andrea Torres. Finalmente foron repescados tamén os equipos alevín masculino (Alex Cabo, Frans de Roo, Xosé Raviña, Arón Lorenzo, Alberto Guiance e Hugo Cea) e os dous equipos cadetes femininos (Araceli de Roo, Alba García, Icía Nogueiras, Iria Ferreiro, Mariña Cortés, Sara Martínez, Carla Parada e Yolanda Mareque). Así pois 24 serán @s representantes do noso club nesa proba, que constitúe o clasificatorio para o campionato provincial, proba para a que se clasificarán os 8 primeiros atletas e os 2 mellores equipos de cada categoría.

Moita sorte a tod@s!!


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page