Seis deportistas do Olímpico estiveron presentes en Vigo na primeira proba desta modalidade dentro do triatlón coa que se da inicio a tempada 2017

O pasado domingo tiña lugar no Complexo Deportivo de As Travesas, na cidade de Vigo o primeiro clasificatorio para o campionato galego de Nada e Corre. A proba acudeu unha pequena representación do club, logo que por diversas causas houbera moitas baixas na expedición vedrense.
Aínda que non houbo ningún podio e de salientar os avances que se van facendo paseniñamente. Na proba benxamín Arón Lorenzo e Brais Otero amosaron as súas melloras pouco a pouco na natación, o que os vai ir facendo cada vez máis competitivos. Na proba infantil André Gonzalez tamén melloraba as súas prestacións tanto na natación como na carreira e os debutantes David Amigo e Andrea Iglesias, pese a ser a súa primeira proba en piscina, xa deixaron mostras do potencial que posúen. Por último, na proba cadete, un mal día de Víctor Bouzón na natación, deixabao a catro segundos do podio e máis da clasificación para o galego. Algo circustancial, que non nos cabe dúbida que vai acadar, como tampouco dubidamos de que vaian ser máis os representantes do club nesa final autonómica do mes de febreiro. Agora a seguir adestrando e progresando para a seguinte proba, que será en Ourense o 29 de xaneiro