top of page

Gran final de tempada 2016 para o noso club


O equipo absoluto feminino obtén o cuarto posto no campionato galego, o masculino o sexto e Aída García proclámase campioa galega veterana por segundo ano consecutivo.

Retomamos a actividade do club coa crónica do campionato galego de tríatlon que se celebrou o 27 de agosto na cidade de Pontevedra. Nesta proba o noso clube xa partía como triunfador antes do seu comezo, pois tiña na lista de saída 17 deportista, sendo o club con máis participación na proba.


Na proba feminina destacou Aída García, que rematou en 12ª posición e proclamouse por segundo ano consecutivo campioa galega veteran de tríatlon sprint.

Tras ela, na posición decimosétima e vixésima, remataban Ángela Chapela e Katia Senín, co que lle daban o 4º posto por equipos na categoría feminina. Completaron a participación do club Bea Lago e Tania Garabatos, nas posicións vixesimooitava e vixesimonovena, Tania Suárez trixésimosegunda, Rita Cabanelas trixesimosétima, Marta Suárez cadraxésimoprimeira e Alba Lorenzo cadraxésimosegunda. Completando así a participación as 9 representantes do club, as que se unirá Sofía Hipólito o vindeiro sábado para completar o equipo feminino que nos representará no campionato de España de clubes o vindeiro sábado día 24 en Xixón.


Na proba masculina excepcional foi a actuación do cadete Cesar Otero, que se ben non era campionato cadete da categoría, si acadaba o terceiro posto na mesma ao rematar na decimooitava posición da xeral, un posto máis atrás entraba Jacobo Crego e xunto co trixésimo posto de Manuel Dosil outorgábanlle o club o sexto posto na clasificación masculina por escadras. Mais atras entraban Miguel Daporta no posto trixésimoquinto, Víctor Bouzón no cadraxesimosegundo, Pablo Cabanelas no sesenta e un e Marcos Dobalo no sesenta e oito. Non puído tomar a saída por lesión Carlos Sendiña e por motivos laborales, pese a estar clasificado, Ismael Carballo. Estes sete homes, xunto con Ismael Carballo, Sergio Oliveira e Luís Ferreira serán os integrantes do equipo masculino na proba de Xixón.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page