top of page

Bronce para o equipo feminino no tríatlon concello de Poio


7 novos clasificados para o campionato galego, podios individuais para Aída García e Katia Senín e bo rendemento da escola na proba popular

Paseniñamente @s deportistas do noso club van facendo afinando a súa preparación e asegurando os obxectivos da tempada de tríatlon. En Poio onte, sen ter unha actuación destacadísima lograron a clasificación para o campionato galego en categoría masculina Manuel Dosil, que rematou na posición 18ª e Jacobo Crego 19º, o que xunto a actuacion de Miguel Daporta 14º e xa clasificado para o campionato galego na proba de Riazor do pasado mes, dábanlle ao club o 5º posto nun tríatlon de gran nivel competitivo. Pese a realizar unha gran natación e un gran segmento de ciclismo Pablo Cabanelas retirábase por precaución pero tamén segue coa súa posta a punto. Julio Mallo rematába na posición 83ª no ano no que está a debutar no tríatlon e Fernando Fernández remataba na posición 100.

O equipo feminino completaba unha gran actuación soamente superados polo Tríatlon Ferrol e O Arcade con deportistas en centros de alto rendemento. Aída García proclamábase campioa veterana e era a primeira do club co 13º posto na xeral, seguida por Ángela Chapela 14ª, Katia Senín 16ª, Tania Suárez 18ª e Rita Cabanelas 22ª.

Na proba popular, en categoría masculina Cesar Otero remataba en segunda posición e Carlos Sendiña en terceira e xunto con Marcos Dobalo que acababa cuarto copaban o podio cadete. Víctor Bouzón, con problemas físicos, remataba na posición sétima como quinto cadete. Na proba feminina Alba Muñiz era sexta (4ª infantil), Noelia Seijas novena (6ª infantil) e Alba Lorenzo 11ª (3ª cadete).


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page