top of page

5 marchador@s do club no Memorial Josefina Romero


A xóvenes promesas da escola de marcha do club continúan coa súa posta a punto para o campionato galego.


O pasado sábado 5 dos nosos marchadores da escola de atletismo participaron no Memorial Josefina Romero - Gran Premio internacional de Marcha Cantones, nas inmediacións dos Xardíns Méndez Núñez na Coruña.

A actuación máis destacada foi para Frans de Roo que acadou o 5º posto alevín, logrando ademais marca persoal. Tamén raiou a un gran nivel Icía Nogueras co 10º posto infantil feminino logrando tamén marca persoal na proba, mentres que na mesma categoría Iria Ferreiro remataba 18ª. En alevín feminino Tareixa Pose era 12ª mentres que en cadete feminino Alba García ocupaba a 14ª praza. Posteriormente á proba de categorías menores disputouse a proba do Gran Premio Cantones, proba do circuito mundial se marcha. Estupenda xornada formativa para os marchadores/as do club e preparando o campionato galego das vindeiras datas .


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

bottom of page