No campionato galego de cross Gabriela Quintás 8ª, Carlos Sendiña 9º e Alba Muñiz 39º. No campionato galego de Nada e Corre María Fernández 16ª
CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVES
Nun bonito circuito na Praia Fluvial da Estrada o Campionato Galego de Cross Escolar. A última fase do Campo a Través Xogade. Os 3 compoñentes do Olímpico que tomaban parte tiveron unha notable actuacín competindo cos mellores de Galicia nesta discuplina e remataron con moi boas sensacións. A mellor clasificada foi Gabriela Quintás, que obtiña un moi meritorio 8º posto na proba infantil feminina, posto de enorme mérito, tendo en conta que é unha atleta de primeiro ano na categoría. Na proba cadete masculina, Carlos Sendiña tamén acadaba un moi salientable 9º posto, mentres que Alba Muñiz remataba na posición 39ª, avanzando tamén no que é o seu primeiro ano na categoría cadete feminina.
CAMPIONATO GALEGO DE NADA E CORRE
No complexo deportivo Rías do Sur e nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, tiña lugar o campionato galego de Nada e Corre, a onde se desplazou a valente benxamín María Fernández, que conseguira a clasificación na proba celebrada en Riveira. María quedou na 16ª posición na proba no que é o primeiro galego que disputa.
Parabéns a tod@s e a seguir mellorando