top of page

Cesar Otero e María Fernández clasifícanse para o campionato galego de Nada e Corre


12 foron os representantes do club na proba de Riveira, dos que dous se clasificaron para o galego. O resto terán outra oportunidade o vindeiro domingo en Vigo.


Este domingo disputábase en Riveira o terceiro clasificatorio da zona centro e sur, para o campionato galego de Nada e Corre. Na proba participaban unha ducia de deportistas do club, moitos deles debutantes, dende as categorías benxamín ata a cadete.

Na proba benxamín feminina, María Fernandez acadaba a clasificación tras rematar en cuarta posición. Pola súa parte, Cesar Otero acadaba a mesma posición na proba cadete masculina, o que tamén lle daba o billete para a final autonómica. A participación do club completárona en categoría benxamín Arón Lorenzo (14º) e Alexandre Pomar (16º), en alevín Rosana Fernández (10ª), Tareixa Pose (15ª) e Domingos Pose (17º), en infantil Alba Muñíz (10ª) e André Lorenzo (26º) e en cadete Marcos Dobalo (7º) e Carlos Sendiña (8º), ademais de Víctor Bouzón que soamente disputou a carreira a pe.

O vindeiro domingo dispútase o cuarto e último clasificatorio, onde os deportistas das escolas do club terán a última oportunidade de facerse coa praza para a final autonómica. Consígano ou non, xa amosan grandes progresos e van formando un grupiño xeitoso, que son os principais obxectivos que se fixa o club nestas etapas de formación


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

bottom of page