Os equipos infantil e cadete feminino, Carlos Sendiña e Alex Cabo buscarán praza para o campionato provincial
Este sábado 23 de xaneiro dispútase na Alameda de Santiago de Compostela o Campionato Intercomarcal de Campo a través, segunda proba clasificatoria de Campo a través escolar, dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.

Na mesma tomarán parte todos os atletas do club clasificados na fase anterior. Serán o equipo infantil feminino composto por Lucía Castro, Carla Pérez, Gabriela Quintás, Andrea Torres, Manuela Raviña e Carla Parada, o equipo cadete feminino integrado por Alba Muñiz, Alba García, Paula Ruanova e Yolanda Mareque. A nivel individual acadaron praza Álex Cabo na proba benxamín e Carlos Sendiña na proba cadete. Así pois, 12 serán os representantes do noso club.
Nesta proba acadan a clasificación para o Campionato provincial os 2 mellores equipos e os 8 primeiros clasificados de cada categoría. Moita sorte a todos.
Comments