top of page

Posta de largo do club para a tempada 2016


O debut na segunda división de duatlón, o reto de ascender en triatlón e seguir facendo canteira, piares do club nesta nova tempada.

Onte tivo lugar a foto oficial dos integrantes do club na tempada 2016. Aínda que con ausencias asistíu un importante número de deportistas a mesma, nunha tempada na que o club vai rondar as 130 licenzas deportivas, volvendo a superar o seu teito. Previamente realizouse un entreno de tódalas categorías, antesala do estreno oficial do primeiro equipo que será dentro de 5 semanas en Boiro, na segunda división da Liga Nacional de Clubes de Duatlón.


O Olímpico de Vedra afronta esta tempada cos importantes retos de manter a praza na segunda división tanto en categoría masculina como feminina e loitar polo ascenso a mesma división da Liga Nacional de Triatlón, empresa última máis factible co equipo feminino, que xa estivo a piques a pasada tempada, que no masculino. A nivel global o club ten o reto de acadar o top 20 de ranking nacional e a nivel autonómico loitar por tódolos podiums. En categorías de base o club espera facer un bo papel nas competicións estatais e autonómicas, aínda que a prioridade fundamental distas vai seguir sendo crear canteira e primar a formación, como ven facendo o club dende a súa creación.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page