© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

O Olímpico de Vedra masculino tamén estará en 2ª división da Liga Nacional de Clubes de Duatlón


O equipo masculino que figuraba como primeiro reserva, acompaña así ao femenino e debutará en Boiro o 21 de febreiro.

Na mañá de hoxe a Federación Española de Triatlón notíficaballe ao noso club que sería un dos 10 integrantes da segunda división da Liga Nacional de Clubes de Duatlón 2016. O noso club figuraba como primeiro reserva polos resultados acadado

A Liga Nacional de Duatlón consta de dúas divisións, primeira e segunda, cada unha delas con 10 equipos e en cada división ascenden e descenden 3 equipos.

A competición consta de 5 xornadas, cada unha delas un campionato de España, sendo a primeira delas o 21 de febreiro en Boiro, coa disputa do Campionato de España de Duatlón por equipos. Posteriormente proseguirán en Orihuela o campionato de España de Duatlón de Longa distancia en marzo, e xa en abril terá lugar en Cerdanyola o nacional de Duatlón Sprint e en Soria os Campionatos de España de Duatlón Contrarreloxo e Duatlón por Relevos.

O Olimpico de Vedra será un dos 3 representantes de Galicia, xunto co Arcade de Santiago que participará co equipo masculino en primeira división e o feminino en segunda e o Fluvial de Lugo que militará co equipo feminino en primeira e o masculino en segunda. Esto da mostra da dificultade de figurar nesta competición, a que soamente acceden os 20 mellores clubes de España.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -