Na proba tamén estiveron presentes en categoría absoluta César Otero, cun moi bo resultado, Pablo Cabanelas e Tania Garabatos.

Este sábado tiña lugar o acuatlón do Club Fluvial de Lugo, onde participaban os máis cativos das nosas escolas deportivas ademais dalgún representante das categorías absolutas.
En benxamín participaban Paulo Pomar e Miguel Castro, este último ocupando o cuarto posto a so un do podio, mentres que na categoría alevín os representantes do club eran Xandre Pomar, Brais Otero, Hugo Cea, Pedro Iglesias e Yeray Valle. Mais aló do resultado, o máis importante é que disfrutaron da toma de contacto coa auga ao aire libre, nuha tempada esta na que van gozar de poucas oportunidades así, pois poucas son as probas de menores en acuatlón e triatlón.
En categoría absoluta tamén estiveron presentes Tania Garabatos, Pablo Cabanelas e César Otero, destacando o posto quinto deste último nunha proba de gran nivel.
Parabéns!!