top of page

Este sábado comezou a tempada 2020

Acudía a primeira cita de cross escolar unha nutrida representación do club con resultados reseñables de tod@s, destacando os podios do equipo benxamín masculino e de Arón Lorenzo, Álvaro Iglesias e Xoán Lodeiro.

O parque Eugenio Granell acollía na mañá deste sábado un ano máis a primeira cita co cross escolar, coa disputa do campionato comarcal, primeira proba clasificatoria do programa "Xogade", onde estivo presente unha nutrida representación do noso club.


Os primeiros en entrar en escea foron os integrantes do equipo benxamín masculino, moitos deles debutantes, e facíano ao grande, logrando o primeiro posto por equipos de maneira incontestable, con victoria para Álvaro Iglesias, terceiro posto para Xoán Lodeiro, 8º lugar para Fabián Martínez e 11º para Raúl Vigo.


Pouco máis tarde turno para a carreira alevín feminina onde Catuxa Lodeiro debutaba co club cun formidable 6º posto e Sofía Sánchez 22ª e María Vilas 33ª completaban unha boa actuación sen lograr puntuar por equipos ao ser solo 3 compoñentes. O equipo alevín masculino raiou tamén a gran altura ocupando o 6º lugar con Miguel Anxo Torres 15º, Sergio Pereira 21º, Pablo Sigüeiro 32º, Miguel Castro 33º, Iker Leal 34º, Arón Rodeiro 37º, Paulo Pomar 44º e Daniel Senra 49º.


Posteriormente tiña lugar a proba infantil feminina onde Laura Peillet foi a nosa única representante ocupando a 19ª posición. Na proba masculina 2º posto para Arón Lorenzo, Alex Cabo 11º , Yeray Valle 22º e Pedro Iglesias 42º obtendo o 5º posto por equipos.


Rematou a actuación do club María Pereira co 5º posto na categoría cadete para María Pereira no que era ademais o seu debut na categoría.


Así pois, a espera de repescas lograron o pase para a seguinte fase o equipo benxamín masculino, a alevín Catuxa Lodeiro, o infantil Arón Lorenzo e a cadete María Pereira. Lástima das baixas nos equipos alevín feminino, alevín masculino e infantil masculino, pois ben seguro que os 3 equipos houberan logrado o pase para a seguinte fase. En calquera caso, máis importante é que foi unha gran mañá de campo a través, onde moit@s debutaban en competición co club, outr@s estreaban categoría e tod@s seguían daban un paso máis na pertenza a este proxecto común que se chama club Olímpico de Vedra.


Parabéns a tod@s e a pola seguinte. Isto solo acaba de comezar!!


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page