top of page

Boa participación d@s nos@s atletas no campionato galego sub 10 e sub 12

Lucía Senín a pique estivo de subir ao podio en lanzamento de pelota ao ocupar o 4º posto nunha xornada na que @s 3 representantes do Olímpico competiron a moi bo nivel.


Este sábado tiña lugar en Lugo, nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera o campionato galego para as categorías sub 10 e sub 12 ao que accedían 3 deportistas do club para participar nun total de 4 probas, logo de obstentar unha das mellores 16 marcas de cada proba que daban acceso ao campionato.


A benxamín Lucía Senín acariñaba o podio na proba de lanzamento de pelota, na que con un mellor rexistro de 16 metros e 7 centímetros (mellor marca persoal) quedaba no cuarto lugar benxamín a un so posto do caixón. Tamén competiría en lanzamento de peso, onde unha marca de 5 metros e 92 centímetros lle valeu para quedar na 11ª posición.


Na proba de 1 quilómetro marcha benxamín estaba presente a nosa atletas Xulia Rodríguez, que ocupaba a 10ª posición pero mellorando en 40 segundo a súa anterior marca, detendo o crono en 6 minutos e 51 segundos.


En alevín (sub 12) tamén tiñamos un representante na proba de lanzamento de peso. Era Iago Lago, que remataba na posición 13ª cun rexistro de 6 metros e 27 centímetros.


Moi salientable participación pois d@s nos@s cativ@s, que con esta competición poñen fin a tempada . Agora toca disfrutar do verán e volver cas pilas cargadas na próxima tempada.

Moitos parabéns!

Kommentare


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

bottom of page