top of page

Boa actuación d@s nos@s triatletas en Cambados

En categoría absoluta Víctor Bouzón 3º clasificado con Andrea Espiño 4ª e Tania Garabatos 5ª rozando o podio en féminas. André González e Xián Castro 2º e 3º cadete masculino, Sabela Rey 3ª cadete e Elena Míguens 1º veterana

Este sábado día 15 unha nutrida expedición do club desprazábase a Cambados para disputar o seu triatlón popular, co obxecto de afinar a posta a punto para de cara a cita do vindeiro fin de semana en Boiro, onde o club loitará tanto en categoría masculina como feminina, por ascender a segunda división do triatlón nacional.


As sensacións amosadas polos nosos foron bastantes satisfactorias, se ben hai que ter en conta que o nivel da proba pouco terá que ver co que se atopen o vindeiro sábado. Na categoría masculina Víctor Bouzón subeu ao podio absoluto ao ocupar a 3ª posición, sendo ademais o 1º junior. En féminas, non subiron o podio pero estiveron moi preto na categoría absoluta Andrea Espiño, que ocupou a 4ª praza, e Tania Garabatos, que rematou 5ª. Si subiron ao podio en categorías Elena Míguens como campioa veterana, Sabela Rey como 3ª cadete e André González xunto con Xián Castro como 2º e 3º cadete. Completaron a participación do club Adrián Picallo cunha reseñable 18ª posición na clasificación xeral, Fran Cuenca no posto 50º, Alex Castro 85º e André García 121º.


Unha boa xornada e boas sensacións pois!

non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page