Boas marcas d@s cadetes no trofeo Marineda Atletico e na Copa Deputación de Lugo


Esta fin de semana disputábanse dúas citas atléticas as que acudían deportistas cadetes do noso club, na procura de marcas mínimas para os campionatos galegos e campionatos de España que se celebran nos meses de xuño e xullo.

O venres no VIII trofeo Marineda Atlético, celebrado nas pistas de atletismo de Elviña en A Coruña participaban 3 cadetes do club cos seguintes resultados: Andrea Torres acadaba o 51 posto en xavelina cunha marca de 16 metros 70entímetros e obtiña a súa marca persoal nos 100 metros lisos, sendo cuarta na súa serie cun tempo de 14"71 centésimas. Carla Pérez nunha serie máis rápida, era 8ª da mesma, cun tempo de 13"42 centésimas e gañaba a proba xeral de 300 metros cun tempo de 44" 81 centésimas. Pola súa parte, Diego Liñares obtiña dúas marcas persoais sendo segundo na súa serie de 100 metros, cun tempo de 12" 98 centésimas e era 8º nos 300 metros lisos cunha marca de 46" 09 centésimas.

Xa o sábado tiña lugar a 5ª xornada da Copa Deputación de Lugo, na cidade das murallas e alí volvía a acudir Carla Pérez, esta vez para competir na proba de 600 metros lisos, na que acadou o 7º posto cadete cun temo de 1' 55". Tamén tomou parte Manuela Raviña, sendo 3ª absoluta e 1ª cadete en salto de lonxitude cunha marca de 4 metros e 80 centímetros, foi segunda en triple salto con 10 metros e 42 centímetros logrando ademais marca persoal e obtiña unha marca de 13:30 nos 100 metros sendo a 5ª clasificada absoluta. A nota triste púxoa Asier Cabo que logo de lesionarse durante a proba de triple salto, non puido obter marca nin nesa proba nin nos 100 metros lisos e salto de lonxitude, nas que tamén estaba inscrito. Desexamos a Asier que rapidamente se recupere e estea dando guerra nas vindeiras probas.

Parabéns a tod@s


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com