O noso deportista acadou en Pontevedra a medalla de prata no campionato do mundo de duatlón distancia standard e completou a súa actuación cun 10º posto no mesmo grupo no mundial de acuatlón

Conclueu o mundial de multideporte, que durante as últimas semanas se celebrou en Pontevedra, coa apoteose o sábado 4 de maio de ver aos galegos Javi Gómez Noya e Pablo Dapena proclamarse campión e subcampión do mundo.
Durante unha semana, ademais dos mundiais elite, junior e sub 23 de triatlón cross, duatlón cross, acuatlón, duatlón e triatlón de longa distancia, disputábanse os mundiais nas mesmas modalidades para os grupos de idade.
Miguel Daporta tomaba parte nos grupos de idade de 40 a 44 anos, facéndose coa medalla de prata no campionato do mundo de duatlón e acadando un reseñable décimo posto no mundial de acuatlón, tamén no mesmo grupo.
Sabedores de que iste éxito para nada pode ser comparado cos acadados polos deportistas elite neste campionato e que ademais Miguel sempre se caracterizou por ser unha persoa modesta, que fai deporte por que o disfruta e esquiva o recoñecemento social, dende este club compre non obstante por en valor a un deportista con maiúsculas, que leva xa unha década vestindo as cores do Olímpico de Vedra e axudándonos a medrar. Miguel foi pouco a pouco forxando un palmarés moi reseñable e contribuíndo fundamentalmente ao crecemento do noso club. A nivel de éxitos deportivos leva 6 anos consecutivos clasificandose e rematando no campionato de España elite de duatlón e estivo moi preto de lograr subir ao podio autonómico absoluto en varias ocasións (4º, 5º e 6º clasificado). En grupos de idade atesoura medallas a nivel estatal (campión de España tanto en triatlón como en duatlón) e a nivel europeo é prata en triatlón e bronce en duatlón. A nivel de club foi el, coa súa participación no campionato de España elite en 2015 o que nos fixo ascender a liga nacional de duatlón, na que permanecemos no último lustro con el como un dos protagonistas. Tamén formou parte do equipo que en 2017 lograba o ascenso a segunda división da liga nacional de triatlón.
Querido e respetado por todos, tanto dentro como fora do noso clube, Miguel é un auténtico exemplo como deportista e como persoa, e sen dúbida o noso buque insignia.
Parabéns Miguel!