Numerosas marcas persoais e postos de podio que posibilitarán a clasificación dun nutrido grupo de atletas do club para o campionato provincial

Este sábado tiña lugar nas pistas de atletismo Ana Peleteiro de Riveira o segundo campionato clasificatorio de atletismo en pista infantil e probas combinadas alevíns.
Nel tomaron parte un nutrido grupo de deportistas desas categorías da nosa escola acadando moi meritorios postos que de seguro lle van permitir estar no campionato provincial a boa parte deles.
Destacar as actuacións de Arón Lorenzo, que gañaba a proba dos 2000 metros lisos, o segundo posto do equipo do relevo 4x80 feminino, composto por Sandra Rilo, Ainhoa Aldrey, Nerea Martínez e María Pereira, os terceiros postos nos 500 metros lisos de Nerea Martínez e nos 1000 de María Pereira e de Alex Cabo no 500 e no salto de lonxitude. Tamén marcas persoais para Claudia Ferreiro e Marcos Sigüeiro e boas actuacións de Sandra Rilo e Ainhoa Aldrey nos 500 metros. Por último, salientar as moi boas prestacións dos alevíns Laura Rodríguez, Paio Rubido e Miguel Anxo Torres nas probas combinadas.
Sen dúbida unha gran xornada de atletismo, que da mostras dos avances acadados pol@s nos@s atletas e que constitúe un paso máis cara o campionato provincial e autonómico.
Parabéns!!