Numerosas marcas persoais e moitos postos de privilexio, que permitirán aumentar a nómina de clasificados das nosas escolas de atletismo para o campionato provincial

O pasado sábado 21 de bril en A Pobra do Caramiñal disputouse a segunda xornada clasificatoria
de atletismo "Xogade" en pista, no que foi o turno das categorías benxamín e combinadas infantís.
Moi salientables as actuacións de Asier Cabo, 2º posto nas probas combinadas, destacando o 1º posto na velocidade dos 80 metros, o 2º posto nos valados, o 3º na lonxitude e o 5º posto no peso. Destacou tamén Iago Lago acadando o 2º posto na proba do quilómetro marcha e gañando en lanzamento de peso con mellor marca persoal. Gran actuación tamén en lanzamento de pelota de Lucía Senín, campioa feminina, e Miguel Anxo Torres que acabou quinto con mellor marca persoal.
Estas marcas deben darlles postos de privilexio para estar entre as 16 mellores que lles permitan disputar o campionato provincial.
RESULTADOS
Lucía Senín: 50ml: (4º posto da súa serie) 11.19 (MP)+ Pelota 200: Posto 1º con 10.98 (MP)
Iago Lago: 1km Marcha: Posto 2º con 7.18 +Peso 1: Posto 1º con 6.96m
Miguel Anxo Torres: Lonxitude: 7º posto con 2.86m + Pelota 200: 5º posto con 14.68m (MP)
Asier Cabo: Combinadas INF: Posto 2º na clasificación Xeral con MP nas 4 probas:
5º posto en peso con 8.68 (MP)+ 1º posto en 80ml con 10.7+ 2º posto en 80MValados con 15.67 (MP)+ 3º posto en Lonxitude con 4.36m (MP)