Nerea Martínez logrou posto de finalista ao rematar 7ª nos 60 metros lisos nunha cita con boas actuacións tamén de Miguel Anxo Torres e Paio Rubido
A flamante nova pista cuberta do recinto feiral de Expourense foi o escenario do campionato galego de pista cuberta das categorías benxamín, alevín e infantil, a onde esta vez o noso club acudía con 3 representantes. A presenza na cita xa non era sinxela, pois para clasificarse había que ter unha das 12 mellores marcas autonómicas nos concursos e 16 no caso das carreiras, cousa que soamente conseguiron 4 cativ@s das nosas escolas.
Finalmente so foron 3 @s deportistas "olimpic@s" presentes na proba onde destacou a actuación de Nerea Martínez, que rematou en 7ª posición na final de 60 metros lisos obtendo primeiro marca persoal na semifinal, onde quedou terceira, 9 sg 34 centésimas e volvendo a facelo na final onde conseguíu parar o crono en 9sg 29 centésimas. Os benxamíns Miguel Anxo Torres e Paio Rubido, non acadaban posto de finalista, pero si facían unha gran actuación e desfrutaban da súa primera vez na pista cuberta. Miguel Anxo foi 13º nos 1000 metros, cun tempo de 4:10 no que tamén era marca persoal e Paio Rubido, non conseguía pasar a final de 50 metros logo de acabar 8º na súa semifinal.
En definitiva, unha experiencia de aprendizaxe máis, que por encima dos resultados serve para seguir collendo experiencia e medrando como atletas. Parabéns!!