CAMPIÓNS GALEGOS DE DUATLÓN CONTRARELOXO POR EQUIPOS 2018


A pasada foi unha fin de semana de intensísima competición para o noso clube, onde ademais de estar presentes en varias frontes acadamos o segundo título autonómico da nosa historia

Gran xornada a do pasado sábado, onde un ano máis, como adoita ser habitual no mes de febreiro, Vedra convértese na capital autonómica do duatlón. Unha proba que por quinto ano consecutivo logra ser o duatlón con máis participación de Galicia e que ano tras ano vai a máis. Este ano con nove centro neurálxico da mesma, que aínda a medio construír, despertou a curiosidade de moitos dos membros dos clubes participantes.

A nivel deportivo na categoría masculina, non puíderon ir mellor as cousas. O equipo masculino partía como gran favorito, nunha edición esta con maior nivel que a do pasado ano. Finalmete Jacobo Crego, Manuel Dosil, Cesar Otero, Ismael García, Juan Cepeda e Víctor Bouzón, traballaban a perfección para lograr unha nova victoria, reeditando así o título do pasado ano. 2º título absoluto do club e 9º se se contan todas as categorías. Na proba feminina presentabamos un equipo algo mermado polas baixas, malia todo conseguiron mellorar en 3 minutos o tempo da pasada edición. Tania Garabatos, Katia Senín, Rita Cabanelas, Tania Suárez e Marta Suárez lograban o 6º posto por equipos.

Moi boas prestacións tamén dos participantes na proba Open V Duatlón concello de Vedra, onde o equipo B, formado por Jorge Ferradáns, Alfonso López, Julio Mallo e Adrián Picallo se facía co primeiro posto, reeditando tamén o primeiro posto en dita proba do ano 2017. O equipo C con Antón Barreiro, Xurxo Carballo, Adrían Campaña e Pablo Cabanelas era 14º e o equipo D integrado por Alejandro Argibay, Santiago Soleto, Saúl Carril, Sergio Marquíz e André García, remataba 37º.

En definitiva, unha gran xornada que servíu para inaugurar a Superliga Beone, no que foi unha gran festa para o deporte.

 

7º posto do equipo cadete feminino no campionato galego de Cross


O equipo integrado por 5 compoñentes no seu primeiro ano na categoría e unha no segundo, conclúe así unha moi meritoria tempada de campo a través.

Na mañá do sábado 17 de febreiro disputábase o campionato galego de cross a onde se desprazaba o noso equipo cadete feminino logo de lograr o pase a final autonómica como un dos dous mellores equipos da provincia de A Coruña.

Posto que se trababa da primeira participación de moitas das compoñentes do equipo, o obxectivo da proba era máis disfrutar e aprender para seguir medrando como atletas, que acadar un moi bo resultado deportivo, conscientes de que a meirande parte das compoñentes do equipo eran de primeiro ano.

O equipo rematou no 7º posto autonómico, logo da actuación de Gabriela Quintás posto 25ª, Carla Pérez posto 35ª, Lucía Castro posto 37ª, Andrea Iglesias Posto 38ª, Manuela Raviña 46ª e Iria Ferreiro 48ª.

Un moi bo colofón pois a tempada, que dá mostras do bo traballo realizado e das progresións acadadas, e que de seguir na mesma liña fai preveer moitos éxitos futuros.

 

Postos de finalista e mellores marcas persoais para os nosos lanzadores no campionato galego de lanzamentos longos


</