top of page

Bronce do equipo feminino no campionato de España de duatlón cross


O club retorna así ao top 20 do ranking nacional nun campionatos nos que no grupo de 30 a 34 anos Bea Lago acadou 2 subcampionatos e Tania Garabatos un bronce

O pasado fin de semana celebrábanse na localidade palentina de Aguilar de Campoo os campionatos de España de triatlón e duatlón cross, a onde acudía o noso club na búsqueda dos puntos necesarios para volver a meterse no top 20 do ranking nacional, logo de que momentaneamente perderamos ese estatus logo de non acudir este ano a Copa do Rei e da Raiña e ao campionato de España de triatlón por relevos.

O sábado tiña lugar o campionato de duatlón cross e cumpriron os nosos dous equipos, case xa asegurando a misión coa que foran. 4º posto para o equipo feminino con Silvia Deira nunha gran 12ª posición en elite e con Bea Lago e Tania Garabatos 2ª e 3ª respectivamente, e polo tanto podio no grupo de 30 a 34 anos. O equipo masculino con Julio 5º e Pablo 6º no grupo de 35 a 39 anos e Txus Costa 17º no de 40 a 44 anos aseguraba o 18 posto que puido ser aínda mellor de non ser porque David Noya se vía obrigado a abandonar na proba elite. O sábado tamén participou na proba junior Cesar Otero, ocupando a 31ª posición.

O domingo era o turno do triatlón cross e o equipo feminino subía un escalafón ocupando desta vez o 3º caixón do podio, non que se convirte no primeiro podio absoluto do club a nivel estatal. Foi posible gracias ao 10º posto outra vez en elite de Silvia Deira, o 2º e novamente prata de Bea Lago en 30 a 34 e o 4º no mesmo grupo de Tania Garabatos. Na proba masculina Txus Costa era 18º en 40 a 44 anos e Pablo Cabanelas 19º en 35 a 39. Unha lástima que o reventón dunha roda lle volvera a impedir a David Noya rematar en elite, perdendo así o equipo as opcións de puntuar.

Non obstante, a misión está máis que cumplida. O obxectivo era entrar no top 20 e este luns apareciamos na posición 16ª do ranking nacional igualando o noso mellor posto histórico. Parabéns a todo o club e moi especialmente aos que acudiron a esta cita, por contribuir así a este obxectivo.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

bottom of page