top of page

6º posto para o equipo infantil feminino e 7º para o benxamín masculino no galego escolar de atletis


Os dous equipos, con moitos debutantes e deportistas de 1º ano na categoría raiaron a moi bo nivel na máxima proba autonómica de atletismo por clubes

O pasado sábado 27 de maio o club desprazábase ata as pistas de atletismo da localidade ourensana de O Barco de Valdeorras, para a disputa do campionato galego de atletismo en pista, onde o Olímpico estivo representado polos equipos benxamín masculino e infantil feminino.


O equipo infantil feminino acadou un meritorio 6º posto destacando as actuacións de Carla Perez, que se impuxo nas dúas probas nas que participou (80 e 500 metros lisos); Lucía Castro, campioa en lanzamento de disco e 4º posto en peso; Manuela Raviña, con dous segundos postos en triple e lonxitude e tamén e os terceiros postos de Gabriela Quintás en 150 (5ª tamén en 3000 metros) e María Martínez en martelo (9ª tamén en altura) , todas elas logrando marca persoal no campionato. Tamén sinalar a actuación de Antía Vázquez, 6ª enn 1000 metros lisos, en 3 qm marcha a participación de Tareixa Pose (9ª), o 10º posto de Ana Clemente nos 1000 obstáculos, o 10º e 13º posto en 80 e 220 valados respectivamente para Andrea Torres, o12º posto en xavelina de Carlota Cea e a actuación do relevo 4x80 con Antía, Tareixa, Carlota e Ana acadando o 10º posto. Por último acordarse tamén da baixa de Noela Baltasar, que por enfermidade non puido estar coas súas compañeiras.

O equipo benxamín masculino tivo como actuacións máis destacadas o 2º e 3º posto de Samuel Cortés en lanzamento de pelota e lanzamento de peso respativamente. Ademais tamén a moi boa altura Iago Lago, 5º en marcha e Paio Rubido 5º en 500 metros. Miguel Anxo Torres foi 7º en salto de altura e 1000 metros lisos, Carlos Lázara 7º en 500 metros e 8º en salto de lonxitude e o relevo intgrado por Xián Nogueiras, Iago Lago, Edu Rendo e Paio Rubido remataba 8º. En resumo un salientable 7º posto para o equipo benxamín masculino con prácticamente a totalidade dos compoñentes de 1º ano e as actuacións foron moi salientables.


Asimesmo cabe destacar ao conxunto do equipo pola entrega, compañerismo e colaboración mostradas por todas e cada un dos compoñentes do equipo, a capacidade de sacrificio polo equipo aprendendo novas disciplinas para achegar a maior cantidade de puntos en tódalas probas, o que fai sentir satisfacción e orgullo. En definitiva, un gran campionato para os nosos equipos.

Parabéns a tod@s


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page