Podio tamén en junior para Marcos Dobalo e na proba minisprint 2º posto para Víctor Bouzón e podio cadete para Carlos Sendiña nunha proba cunha nutrida expedición do club e moit@s debutantes
Non puido empezar con mellor pe a tempada de triatlón o pasado domingo en Nigrán, onde cunha climatoloxía fabulosa se celebrou o I triatlón Desafío Illas Estelas. A nivel deportivo excepcionais estiveron Cesar Otero, que se impuxo na proba absoluta seguido de Xacobo Crego en segunda posición, facendo así un dobrete no podio da mesma. Tamén o podio subíu Marcos Dobalo ao quedar segundo na categoría junior (39º da xeral), categoría que lóxicamente tamén foi gañada por Cesar Otero. Moi boa actuación tamén de Ismael Carballo, que rematou na posición 11ª da xeral, Sergio Oliveira (29º), Antón Barreiro (76º) e Adrián Campaña 103º. Boa actuación das nosas féminas Alba Caamaño e Susana Nieto, que ocuparon na proba feminina a posición 9ª e 11ª respectivamente.
PROBA MINISPRINT
Na proba minisprint que tamén constituía o debut anual na modalidade varios deportistas da nosa escola tamén disputaban o seu primeiro triatlón. Segundo posto absoluto para Víctor Bouzón, que tamén foi segundo cadete, categoría na que o terceiro foi Carlos Sendiña. Para o resto dos compoñentes da escola tamén foi unha fructífera mañá, na que nunha distancia superior a que terán que afrontar nas súas competicións específicas, mostraron os avances experimentados nos últimos meses. En categoría cadete masculina Xián Castro debutaba cunha 11ª posición, en cadete feminino Alba Lorenzo remataba 6ª, en infantil feminino Gabriela Quintás foi 4ª, e as debuntantes Carla Pérez 6ª e Andrea Iglesias 7ª e en infantil masculino André González era 6º e o tamén debutante David Amigo 8º.